O magosto é unha celebración tradicional galega, é un momento de celebrar a comunidade, dar a benvida ao inverno e, de paso disfrutar do froito de outono por excelencia, a nosa castaña. Na Escola de Taboexa o magosto tamén é o noso primeiro pic-nic. Despois, ao longo do curso faremos 3 máis: os derradeiros días de cada trimestre. Así unha manchea de adultas xuntámonos e disfrutamos a nosa compaña e o que nos une, a dedicación polo alumnado de Taboexa.
Comezamos pola mañá facendo un obradoiro de baleirado de cabazas, unha experiencia sensorial divertida e noxenta ao mesmo tempo, puro morbo. Neste evento, o magosto e algúns conceptos relacionados co día de defuntos mestúranse nunha
xornda ecléctica onde moitas crianzas traen relatos relativos ao "hallowen", persoaxes diabólicos excéntricos, horripilantes mediados polo consumismo. Cando trato de dar resposta aos seus inquérimentos arríscome a revelar que na derradeira noite de Outubro ábrese unha canle que comunica as persoas vivas coas que non o están, sexa porque aínda non naceron ou porque xa acabaron de vivir, xa morreron... sorpresivamente a miña explicación non desperta moito interés: as crianzas desbotan aquelo que non poden comprender, escoitan, arquivan e deixan para cando teñan ferramentas intelectuais e de madurez para encaixar ideacións tan complexas. Como ten que ser, todas contentas entón.Así na escoliña celebramos o final do verán e o inicio do frío e a oscuridade cunha convivencia á beira do lume, e, coma sempre, unha tarde ben agradable facendo comunidade, que é o que nos arroupa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario