mércores, 13 de febreiro de 2019

os obradoiros


Nada nos faltana nosa cotidianidade, somos felices no noso ritmo pausado e repetitivo de recunchos, contos, quebracabezas, construccións, xogos de sombras, a casiña de mouri, os colares, a area máxica, o barro, a pizarra, as pinturas, a oca o dominó, o bingo, a roda… multitude de posibilidades de espazos, material, tempo e compaña.
Pasan os primeiros meses de curso e a rutina asentase, as crianzas fan seu o espazo escolar e
as relacións son confiadas e seguras, e, asi como a Natureza comeza a espertar polo inicio de Febreiro o gurpo está preparado para as novidades, e as recibe con confianza e alegría.

Nada nos falta, de seguro, pero cando unha visita, unha excursión ou unha actividade especial interrompe a nosa rutina recibímola con entusiasmo, xa nos días anteriores disfrutamos da espectación que trae a novidade. A persoa que nos visita ofrece xenerosamente unha nova experiencia, unha aprendizaxe, un disfrute… ,pode ser divertido, emocionante, interesante…, pero ademáis, e isto é o mais importante, sentimos unha compeneración que naturaliza a nova presencia ao punto de facer parte de nos por un tempiño. Disfrutamos moito moitoeses momentos.
Gústannos as novidades porque temos unha rutina moi cohesionada que nos permite encaixar o diferente sen que a estrutura se vexa ameazada, gústanos que veñan as mamás e os papás á roda,e gústannos os obradoiros , as visitas e as saídas, pero para que estas novidades funcionen hai un traballo diario,pequeno, sistemético, repetido que da corpo á vivencia nova.
Grazas entón a amigas,mamás e familiares que nos dedican un pouquichiño do seu tempo e nos ofreceron algo delas, pode ser a costura, a cociña ou a pintura, todo nos gusta. De seguro deixastes unha peggada alegre, espero que a vivencia fora grata tamèn para vos e levarades no voso corazón tamèn a semente de agarimo e xenerosidade que reparten as ciranzas a todo o que se achega co corazón aberto..




Ningún comentario:

Publicar un comentario