xoves, 28 de febreiro de 2019

a curiosidade para aprender

A curiosidade é o primeiro paso, o entusiasmo por aprender e ser cada día mais competentes (ser maiores, din eles), a alegría do descubrimento, o feito de probar dun xeito e doutro ate topar a solución, ou sen solución algunha, probar dun xeito e doutro polo pracer de ver, de descubrir, de aprender  de tirar conclusións e elaborar leis e teorías que en cinco minutos van ter que reaxustar pois unha experiencia nova desequilibra a seguridade anterior.  Conceptos que me veñen á cabeza de ao chou. Recibir información do medio a traves de ollos e mans, sí, pero tamèn do resto do corpo, ese resto que os adultos temos xa esquecido, soa raro dicir que unha nena está a aprender a ler cando salta nunha colchoneta ou cando trepa a unha árbore, cando xoga coa auga ou cando salta
á pata coxa...pois sí, esa é a tese.Mentres xogan con liberdade, tempo abondo, nun entorno relaxado e seguro (físico e psicolóxico), con materiais e espazos axeitados, e un acompañamento respectuoso, os nenos e as nenas preparan o cerebro (cablean, din as neurociencias as sinapsin entre as neuronas se mltiplican) e o resto do seu ser para as aprendizaxes abstractas e estruturadas que o sistema escolar tenlles preparadas. Non hai mellor cousa que poidamos facer por eles na etapa infantil que permitirlles a súa actividade propia, o xogo, confiando en que os seus impulsos naturais levarannos á conquerir as habilidades propias da súa idade. Agora sí, si poñemos as nosas espectativas mais altas do que corresponde entón non dan o nivel, hai que presionar, hai que lle facer ver que non cumple o que agardamos, hai que frustralo, hai que aburrilo, hai que desencantalo, hai que forzalo, é moi inxusto, o fallo non é da crianza, é da nosa espectativa, que está fora de lugar.
Observo nalgun entornos como se espera das crianzas unha alta competencia en habilidades académicas, mentres que se lles impide, con sobreaxuda e sobreprotección, ser autónomo nas actividades cotiáns, da vida diaria. Propoño ás familias preocupadas polas perspectivas escolares dos seus fillos/as de infantil que confíen neles e lles ofrezan o mellor entorno para medra sans, e, reflexionen sobre conceptos como autonomía, responsabilidade, honestidade, atención e respecto como bases importantes para o desenvolvemento humano.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario