mércores, 13 de febreiro de 2019

un día normal


Encantanmos os días normais, é como se tiveramos a sensación pola mañán,de que bon que teño un tempo por diante para facer o que xa sei que me gusta!Despois de entrar e compartir no vestíbulo uns minutos coas mamás poñemos pantuflas e entramos na aula, para saudarnos formalmente, e comentar as novidades, facer pequenas reflexións, compartir intereses, dar recados ou planificar o día. No entorno das 10 imos á mesa grande a traballar un pouquiño, Angel e Abel deciden xogar unha partida de Oca (celebramos un campionato con semifinal e final), Iris e Uma se interesean por pintar nun folio mentres Amalia e Mikaela ordenan as bolas do Bingo (pronto botaremos a nosa primeira partidade Bingo en varios anos!!) Roi e Carla fan o quebracabezas das sombras, nen tan facil, nen tan difícil, un pequeño desafío diario que os impulsa a medrar.
A medida que rematan as crianzas van xogar aos recunchos, 
hai moitas opcións, en cada recuncho hai material específico: xogo simbólico, construccions, ensartar, pintar, area, barro,
xogos de sombras….se non o temos claro podemos continuar na area de traballo ou ir ver un conto, ou non facer nada e descansar, ou ver como xogan os outros.
Ao redor das 11 preparamos a froita e recollemos os recunchos, é o tempo da merenda, outro momento de compartir. Según rematan saimos ao patio,alí osmateriais e os agrupamentos toman un ha forma diferente, ademàis, estamos ao ar libre podemos xogar coa auga, coa terra, paus, pedras, podemos mancharnos, correr, brincar…
No entorno da 1 é a hora de voltar á aula (ás veces estamos tan a gusto no patio que xa quedamos alí ate que cheguen as mamas a recoller aos seus pitiños), relaxarnos uns minutos na roda e….contar un conto, cantar unhas canciósn, xogar a píta cega, ás curuxas, aos instrumentos, ás estatuas…xogamos algo todos xuntos,só é un momentiño, pois axiña chega a hora de marchar para casa. Unha despedida para cada quén cun bico, unha aperta ou unhas palabriñas e acabouse o día, case sempre nos sabe a pouco.
As veces ven alguén a avisitarnos e facemos unha actividade especial, ou imos de excursión, e entón o día e moi excitante e estamos moi ilusionados xa dende días atrtás. As novidades pero vivimos as novidades con alegría e sen caos porque dia a día traballamos a compenetración entre nós.






















Ningún comentario:

Publicar un comentario