xoves, 28 de febreiro de 2019

momentos máxicos

Amalia parece interesada no sistema dixestivo, pero non é a única, Roi se contaxia tamén do entusiasmo, pero nun segundo plano resulta que Uma está atenta tamèn, non sabemos se mira ben ou non a imaxe, ou se en realidade está mais ben hipnotizada pola conversa entre Amalia e Roi. Ate Mouri está atenta!. Momentos sagrados coma esta cada día en Taboexa, non me atrevomais que a coller silandeira a cámara para rexistrar o momento máxico onde se produce a aprendizaxe, por iniciativa propia, baseada na curiosidade e na imitación.
Angel está practicando a suma coas regretas Cuisenaire (ollo, non se fala de sumas, sóestá facendo unha formación con pezas...) e Sara, que anda por alí, e, por certo, ten unha gran predisposición para aprender cousas de cole,
quere facer o mesmo, pero, polo camiño, acaba facendo unha torre libre de pezas, a concentración é tal en Sara que non me atrevería a interrumpila, xa lle explicarei mañá como era a torre de Angel. Temos moito tempo, aquí neste cole non hai presas, todo chega.




Ningún comentario:

Publicar un comentario