xoves, 28 de febreiro de 2019

os Cabalos da Coutada

Vaia aventura!, Mouri fuxíu outravolta, e mandamos a Gato Pelao ao monte para que a trouxera de volta, pero aconteceu o de sempre, que quedaron os dous no monte. A aventura está servida, as nenas e os nenos de Gándara acompañáronnos ao monte, eles querían axudar a prantar árbores, sensibilizados pola traxedia do incendio do 15 de Outubro de 2017, nos queríamos recuperar a Mouri. Así o venres pasado subimos a costa do Sanomedio ate as abas do Coto Morgallón, mentres uns prantaban outros xogaban nos troncos (ahh, que recurso de diversión, aprendizaxe e crecemento marabilloso, as pilas de troncos no monte)e na
Fonte da Moura.
Pero Mouri non estaba alí, seguimos monte arriba e chegando aos petroglifos dos Cabalos da Coutada (recentemente musealizados polo Concello de As Neves); alí estaba o pelo bermello...Mouri e Gato Pelao botando unha partida da Oca da Moura tan tranquilos. Que alegría! para todos porque Gato Pelao disfrutou do biscoito que lle preparou Roi, Lorena do Centro Cultural de Taboexa explicounos a importancia deste petroglifo e pouco despois tivemos que despedir aos amigos de Gandará ,mentres nos quedamos xogando un ratiño mais na serpe preñada. Caramba, o Monte Sanomedio está cheo de historias e secretos!!!
http://gandaraschool.com/
http://patrimoniogalego.net/index.php/98151/2018/01/petroglifo-de-a-coutada-i/






Ningún comentario:

Publicar un comentario