xoves, 3 de novembro de 2016

aprender as letras...e todo o demais

 Aproveitar esa paixòn por aprendelo todo, estar atentos e agardar o momento en que lle toque o turno às letras (que non son mais importantes na idade infantil que calquera outro contido: a  terra, ordear cousas, atar, cortar, modelar, apilar pezas, construir, observar fotos, xogar às mamás...) e presentar, propoñer unha actividade ou varias entre as que estea ESA que lle resulta atractiva, interesante, ùtil e que represente un desafìo à sùa avidez intelectual e ao seu desexo por ser competentes, isto è, que incida na ZONA DE DESENVOLVEMENTO PRÒXIMO, concepto acuñado por Vigostky (xunto con Piaget dos mais renonbrados teòricos da psicoloxìa) e que

martes, 1 de novembro de 2016

O plàstico mata

Trato de ofrecer ao meu alumnado un entorno sano, fermoso e pràctico. Os tres criterios por igual,
O plastico pode ser pràctico (se non afondamos moito na reflexiòn), pero non è fermoso, e en canto a salubridade è todo o contrario a san, imaxino acariñando un cacho de madeira, mellor unha madeira noble, dura, carballo, freixo, nogueira, cerdeira...sentir a vida que ainda respira dentro...,  facer o mesmo cun plàsico soa ridìculo...
Pero vaiamos à salubriade fìsica, a do corpo, deixemos a saude da ialma para outro dìa, en canto a isto o plàstico è o enimigo nùmero un,

mércores, 19 de outubro de 2016

fomos vendimar à casa de Mina!


fomos vendimar quere dicir que fixemos traballo de coordinación oculo-manual, de lectoescrita, de coñecemento e apreciaciòn do medio natural, de matemáticas, de plàstica, de vida pràctica, de relaciòns sociais,  de recoñecemento dos sensos, de concepción espacial.. . Houbo que organizarse, planificar , concentrarse e valorar o traballo feito e a sùa utilidade, e todo iso disrutando…SÌ, È POSIBLE






martes, 11 de outubro de 2016

adaptaciòn sen bàgoas...conseguìmolo!


O primeiro desafìo de este curso era que as crianzas viviran, ben o regreso ao cole, ben o inicio da sùa vida escolar con armonia e benestar, foron dìas de moito traballo de presencia, acababa esgotada de estar tan pendiente de que cada quen estivera a gusto e dar a cada quen a atenciòn que (eu sentìa) que precisaba, a atenciòn necesaria en cantidade, estilo e intensidade, sen renunciar , por suposto a establecer as bases dunha relaciòn autèntica (creo que esta vai ser o concepto estrela deste curos) entre nòs.


martes, 6 de setembro de 2016

Aprender as letras

Dous graos de dificultade do mesmo exercicio
 Aproveitar esa pasion por aprendelo todo, estar atentos e agardar o momento en que lle toque o turno às letras, que non son mais importantes na idade infantil que calquera outro contido (a terra, ordear cousas, atar, cortar, modelar, apilar pezas, construir, observar fotos, xogar às mamás...) e presentar, propoñer unha actividade ou varias entre as que estea ESA que lle resulta atractiva, interesante, ùtil e que represente un desafìo à sùa avidez intelectual e ao seu desexo por ser competentes, isto è, que incida na ZONA DE DESENVOLVEMENTO PRÒXIMO, concepto acuñado por Vigostky (xunto con Piaget dos mais renonbrados teòricos da psicoloxìa) e que fai referencia a un grado de dificultade que se situa entre o que unha persoa xa sabe facer, e o que pode chegar a facer con axuda. E se a axuda ven de parte dun compañeiro/a moitìsimo mellor, pois como mostra a neurociencia, a mellor forma de aprender algo non è facelo (mellor que ver como se fai ou escoitar a explicaciòn) senon aprender a outro, pois cando verbalizamos a nosa teorìa poñèmonos diane das posibles incoherencias da mesma e obrigàmonos a axustala. Por outro lado a mestra queda libre para outros meneteres e...algo mais, algo moi bò sucede cando dous iguais se axudan, aparte de aprender ambos, algo pasa na relaciòn afectiva entre eles que os vincula, asì se afianza o grupo...e asì a mestra segue observando discretamente e dispoñendo o
ambiente para aprendizaxe eo bienestar. Iso è o que se intenta, alo menos




sò està facendo torres...cremos que non està aprendendo letras?


comezamos outra aventura


Non è que non teña ganas de voltar às rutinas escolares, nen que me dea pereza empezar a traballar..., sò è que vai aìnda tanta calor (vaia veràn) que ùn aìnda anda pensando no rìo e na praia, o asunto escolar aìnda soa un pouco extrano na miña cabeza, pero...claro que sì! comezamos outro curso con ganas e motivada, disposta a afinar mais a miña intervenciòn personal e profesional para ofrecer aos meus "clientes" a mellor atencion posible.
Aquì topei o calendario oficial do ano e xa volo poño. Tede en conta que aìnda falta por designar 2 festivos mais (os locais)
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

luns, 13 de xuño de 2016

as barbas a remollar

A Escola unitaria de Seixas, en Cerceda esta ameazada de peche pola Administraciòn, ca ano pechan varias escolas Unitarias en Galicia. A Administraciòn as vè como un gasto extra, non è tanto (asforran en profesores especialistas, alo menos a nosa, que, a diferencia do CEIP non è atnedida por profe especialista de Mùsica, de Audiciòn e Linguaxe nen de Psicomotricidade). Moits familais tamèn pensan, erròneamente que nos centros grandes con centos de alumnos os seus pequeños de 4 anos van "recibir" mellor educaciòn.
É unha mala noticia, è un deterioro (mais) na calidade educativa do Sistema Pùblico. nas escolas Unitarias as crianzas de 3 a 6 anos vivencian a experiencia escolar en condiciòns òptimas (propias do Estado de Bienestar do que se presume en España). Pouco alumnado nun entorno adaptado à sùas necesidades, cunha resposta profesional adaptada às circusntancias de cada un, cunha relaciòn estreita entre escola e familia e en estreito vìnculo coa Natureza. estascondiciòns fan que esta institucionalizaciòn tan temprana, impelida pola necesidade social de ocnciliar vida laboral e familiar,non tanto por necesidade educativa, sexa como unha extensiòn da sùa vida familiar, mais amable, mais humana e a mellor forma de que as crianzas mais pequenas desenvolvan todo o seu potencial de madurez que os prepararà para ofrontar a vida escolar propiamente dita nas mellores condiciòns.
Ogallà non nos teñamos que ver nòs coa pancarta!
https://www.youtube.com/watch?v=3zoa9NfjnhY





domingo, 22 de maio de 2016

letras galegas de luxo para os coles

Dá gusto ter un dìa festivo que non haxa que agradecer a algùnha figura relixiosa catòlica nun Estado que se autodenomina aconfesional....moito mais cando ese dìa nos congratulamos de disfrutar da nosa fala, a dos antergos, a das nosas raìces, e mais gusto aìnda cando descubrimos eses poemas tan acaìdos para o noso pequeno alumnado, esas doces liñas adicadas ao cuco, ao galo, ao burro,ao vento que agariman  as mentes e os corazòns dos peques conectando coa empatìa que , de seu,  eles sinten pola natureza.
E se afondamos un pouco na figura de Manuel Marìa, o homenaxeado este ano o dìa das Letras Galegas, saberemos que foi un intelectual galego sensible loitador e valente, defensor da nosa lingua, dos dereitos dos mais desfavorecidos e da liberdade.
Mil primaveiras mais para a lingua galega e grazas Manuel Marìa ...como dixo un dos alumnos/as èl morreu, pero quedaron as sùas poesìas...
O galo interpretado na lingua internacional de signos !
"Yogote", que nos aprenderon as mozas e mozos do IES Pao da Mercè

O instituto!

Cando lles dixen que as profes do IES Pazo da Mercè,  nos convidaban a visitalo enchèronse de emociòn...Por què un plan tan sinxelo (mesmo mais de un pouco atraente para crianzas de 4 anos) suscita tanto interese e curiosidade?
Pois por nada, porque eles/as son asì, teñen tanta confianza na vida que-, perante un plan presentado con agarimo e ilusiòn dispòñense a vivilo con entusiasmo e entrega.
e como somos exploradoras, anque chovìa ,
 achegàmonos a coñecer as Esculturas de Redondelo!
Por nada e por todo, porque ese edificio que ven cando pasan por diante è un agasallo para a vista e ten esa armonìa e beleza que cautiva, e porque a palabra "Instituto" fainos viaxar ao futuro, a ese tempo tan desexado de ser maiores, de aprender cousas moi importantes e de ser competentes. Esas ideas ènchenos de respecto e admiraciòn.
E chegados ali saudaron às profes e estudiantes que viñan atraidas pola maxia destes peques (elas afeitas às maneiras dos adolescentes, marabillosos tamèn) agardaron con paciencia a hora do acto, cantamos o cuco para as mozas maiores, disfrutamos as actuaciòns de R
ubiòs de dos mozos e mozas de Primeiro, foi un intercambio sinxelo pero vivido con agarimo e coidado.
Esa è a vivencia coa que volta ao cole unha calor no corazon que ven de tantos sorrisos e carantoñas que lles puxeron mozos e adultos, e mais gañas aìnda de ser maiores, de facer parte algùn dìa, do Instituto!

martes, 10 de maio de 2016

autonomìa

Moitas veces escoitades às mestras falar de autonmìa e o importante que è promovela.
...Por què?
Porque supòn respectasr o seu impulso por aprender cada dìa a facer cousas mais complexas, quen non escoitou a unha nena presumir de facer algo ela "soìña", ou a un neno pedir facer algo el soìño"?
Por que cando logran facer algo por eles mesmos senten un orgullo de si propio que favorece a autoestima, e mellora o autoconcepto.
Para eles ê unha tarefa certamente difìcil subir a cremallera, dou fe diso pois son testigo dos seus esforzos, e tamèn son testigo da satisfacciòn que lles produce conseguilo, non debemos privalos dela, pois è a base da iniciativa , da capacidade de atencion e de esforzo,...case que nada!
Cando facemos algo que un neno ou nena pode  facer por sì mesmo, non sò estamos a facer algo innecesario se non tamèn perxudicial
sorte ter a càmara cerca para poder atrapar esa expresiòn!

Moura e as cabriñas!

Será posible?, Moura xa nos fixo a xogada de sempre..., desapareceu!
Temos boas razòn para pensar ue està na casa de Santi asi que, saìmos na sùa procura...Claro que estaba alì, mirando as cabriñas!
A avoa de Santi ensinounos como maman da nai cabra e logo fomos todos xantar ao Coto de Sta Cristina...Què ben o pasamos à tùa conta, Moura!
A ver onde fuxes à proòxima vez!









as costureiras

Esta semana pasada Sergio foi o encargado, axudoume cos coxìns, a toalla, o calendario, etc,
Tan importante responsabilidade foi compensada con unha visita ao traballo da sùa mamá, que contestou às nosas preguntas, ela dì que lle gusta coser e disfruta co seu traballo (coma mìn) e que entre todas as compañeiras fan a roupa que lles encargan, as costureiras nos recibiron con cariño e nos explicaron paso a paso o proceso de confecciòn da blusa que estaban a coser, ata nos deron doces! Què amables! Moitas grazas!


A formiga e a laranxa

Mar vìu a contarnos o conto da formiga e a laranxa, serà porque ela preparou con cariño a actividade, serà porque o conto era moi bonito ou serà porque as crianzas tèñenlle afecto a esta estupenda contacontos, que eu vin a todos e todas atentos sen perder detalle, grazas Mar, e, aquì temos a nosa particular Branxa, a ver se nuns aniños xa collemos laranxas propias.
Moi benvidas as mamás que veñen ao cole a facer unha actividade para os peques!




mércores, 27 de abril de 2016

viaxar seguras

Para ir adiante hai que medir, mìnimo, 1.35m
Ao longo do curso facemos varias saìdas á contorna pròxima para participar en eventos ou intercambios culturais convidados polo Concello  o Colexio de Primaria, a Unitaria de Rubiòs, o IES.... Opino que son oportunidades de disfrutar de actos culturais, unha obra de teatro, un festival, un concerto..., que aportan arte e belezaa a todos e todas e nos axudan a ser sensibles a estas disciplinas. Tamèn è interesante aperender a conducirse en entorno diferentes ao cotiàn e coa pequena autonomìa que supòn estar sen a supervisiòn directa de papà ou mamá. A autoestima medra ao sabermos competentese dignos de actividades interesantes.
A dificultade estriba en levar ao grupo a eses destiños, e temos a sorte de contar con papàs e mamàs dispoñibles para levalos e traelos. as medidas de seguridade e os sistemas de retenciòn e a normativa ao respecto son tema de conversa comun neses dìas.
Respectamos escrupulosamente esta normativa e aìnda imos mais lonxe se o sentido comùn asì nolo indica.
Aquì vos deixo enlaces à normativa:
https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2015/07/18/pdfs/BOE-A-2015-8047-G.pdf
http://www.dgt.es/Galerias/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/infancia/2015/Sistemas-de-Retencion-Infantil-DGT.pdf

as revàlidas

Xa o nome nos transporta a tempos antiguos, aqueles onde a letra con sangue entraba, e, efectivaamente, en tempos en que a neurociencia nos advirte da ineficacia dos exames en xeral, ven a administraciòn a impoñer, sen ningùn consenso social nen pedagòxico estas probas que rememoran aqueles tempos que algùns estrañan...
As probas de reválida son, dentro da LOMCE, unha das medidas que mais me indigna, en primeiro lugar porque desautoriza ao corpo de mesres, con probada (aprobando unha carreira e superando unha oposicòn) competencia para axudar ao alumnado a adquirir coñecementeos e valorar o grao de consecuciòn deste obxectivo. O sistema educactivo xa tendieseñado a traves das avaliaciòns, un sistema de valoraciòn dos avances do alumnado e un sistema de informaciòn às familias. Coa imposiciòn da revbàlida, a admilistraciòn pasa por riba dos profesionais eduacivos (que a proia daministraciòn avalou) e dobra esforzos e gastos en tempos de crise.
Inda por riba, a revàlidaa de 3º sò avalìa coñecementos de linguas e matèmàticas...de novo vltamos a tempos antiguos.Os profesionais da educaciòn levamos ducias de anos tratando de que a administraciòne a sociedade deixe de sobrevalorar tanto estas dùas asignaturas e recoñeza que o mundo do coñecemento ten outros puntos de aroximaciòn (mùsica, ed fìsica, relacions interpersoais, plàstica, etc) tan dignos como as mates e as linguas. Cando xa estabamos logrando que se lle deixara de chamar "as marìas" a esas asignaturas desprezadas, cando xa conseguiramos falar de comeptencias clave , de repente voltamos aos anos sesenta .
O mes que vèn son a revàlidas en Galicia (en 7 Comunidades Autònomas non se realizaràn e noutras 4 estàn denunciadas perante  Trubunal Supremo). O profesorado xa se manifestou perante esta lei tan polèmica, a LOMCE, as ANPAS tamèn mostraron o seu posicionamento. Agora è o momento de mostrar o seu posicionamento as familias individuais, ë o momento de participar, a democracia constrùese co esforzo de todos, nonpodemos agardar a que outros decidan por nòs, non podemos acomodarnos na queixan e non colaborar cos cambios necesarios. As familias que estean de acordo coa revàlida que envìen aos seus fillos o dìa do exame, pero as que non estean de acordo que consideren a posobilidade de non mandar aos seus fillos à revalidad, non hai ningùn tipo de consecuencia para eles nen para os fillos e serìa a forma en que o goberno central entendera que esta medida de avaliaciòn è totalmente inoportuna.
aquì vos deixo un enlace à paxina dunha confederaciòn de ANPAs, ahì tedes informaciòn sobre as revàlidas http://www.anpasgalegas.org/2016/04/rexeitamos-as-revalidas-de-3o-e-6o-de-primaria/

Mouri vai de Finde!


Esta vez tocoulle á Freixa levar a Mouri, que ilusiòn lle fai ir durmir a casa das compañeiras e compañeiros!

domingo, 10 de abril de 2016

os carballos da fonte da Moura

Os carballiños prenderon, bueno, todos menos un que haberà que observar. Por momentos imaxno ir cada ano a ver como medran, coñecer cada vez algo mais sobre as prantas, as arbores, o carballo, àrbore emblemática pra nòs, galegos e galegas, emocionarnos cos cambios nas estaciòns...bueno, imaxinar e soñar è un pracer en sì mesmo.
Pero a sorpresa foi outra! Vese que sorprendemeos a Moura a peitearse na fonte e fuxìu deixando o peite, o espello e un pendiente (a pesar de que a nosa algarabìa sìntese a distancia e os paxarìños houberon de advertirlle da nosa chegada)... a discusiòn foi dura, collemos as sùas cousas e levàmolas para o cole (asì ela terà que vir buscalas e nos darà unha visita), ou deixàmolas estar, ois non son nosas ( a tì gustarìache que entrara un lad`ron na tùa casa e te levara os xoguetes?).
Eu tiña planeado levar todo para o cole, pero è que non contara coa pepita grilla da clase asì que non habìa remedio, a profe è a garante da calidade moral das noss acciòns asì que ahì deixamos todo, coa esperanza de que Moura nai, agradecida teña un detalle con nos...







ioga

Cando mencionamos esa palabra a todos s nos veñen ideas à cabeza, pois o outro dìa pasamos das ideas às vivencias e asì bailamos ao son da elàstica, medamos dende sementes ata ser prantas, saudamos ao sol  e disfrutamos da compañìa de Sandra...grazas!
Igual debe ser que practicar ioga ten que ver con estar presentes nas nosas acciòns cunha actitude de observaciòn aceptaciòn e calma...debe ser iso!

dobrar camisetas ou o gusto pola orde

 Xa hai unhas semanas que vìu Marta a axudarnos coa roupa de Moura, para poder garddala na gaveta dobrada, asì caben mellor, grazas Marta, pasàmolo ben e aprendemos! Iso è o que nos gusta e a ùnica forma que sbemos e estar no cole!
O sentido da orde aprendese e practìcase, anque eu observo todos os dìas a maiorìa dos meus alumnos xogando a ordear , clasificar, organizar os obxectos cos que xogan, quer dicir que teñen unha inclinaciòn natrual pola orde, polas cousas ben feitas e pola beleza, eu pensaba que serìa moi dificil para eles aprender a dobrar pero non,, cunha pouca de axuda eran capaces , calro que sì, e que fachendosos se sentìan....o aoutoconcepto, o sentido da responsabilidade, a saber cantas
sensaciòns e coñecementos se estaban mobilizando nese momento...

Aproveito para compartir un artigo interesante, e como sempre, agradecense comentarios
.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozok/2016/03/17/bien-hijos-dejelos-paz/00031458215861364177852.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen



martes, 5 de abril de 2016

preservar o asombro

O asombro e o desexo de coñecer, è non dar o mundo por suposto. Os nenos e as nenas asòmbranse ao descubrir o mundo que lles rodea, estàn estreando o mundo, isoè o que suscita tantos porquès, o que asombra è a beleza da realidade, O asombro è o motor da aprendizaxe. O asombro non se xenera, respètase, para iso hai que respetar  o ritmo deles, as etapas da infancia, a sede de silencio e beleza, de misterio...
(extracto da entrevista a Catherine Lécuyer, invesitgadora, autora do libro "Educar en el asombro".)

canto dura un minuto?


En 5 minutos acabarìa o recreo, algùns decidiron observar como os graiños de area pasaban para abaixo ata reunirse todos no fondo, asì pasaron os 5 minutos, eu lles dicìa que non botaran os ùltimos cinco minutos de recreo mirando para a area cair, que iso era perder o tempo...Què saberei eu do aproveitamento intelectual que se produce na mente infantil cando està embelesada na observaciòn dun fenòmeno? Neses momentos hai que dar un paso atràs, abandoar as pretenciosas posturas adultas e deixar que o seu patròn interno de aprendizaxe actùe.


Prantar unha àrbore

Bueno, o traballo quedou feito, a chuvia foi persistente pero nos fomos pacientes e alà pola tradiña fixemos unha escapada xa os poucos que quedamos e prantamos 11 belidos carballos que visitaremos para velos medar















a fonte onde se peitea a Moura...