xoves, 13 de xaneiro de 2022

a importancia do movemento(1)

Repítome cada ano coa miña defensa mais ou menos fundamentada da necesidade, pedagóxica, sí, do movemento e a natureza, e así será, ata que vexa nos coles do meu redor aulas abertas baleiras de crianzas e patios vivos ocupados por almas libres despregando o seu potencial de xogo e placer sen máis restricións que a seguridade física e emocional de todas as persoas, sen tempos tan constreñidores, sen medos castrantes. Ben, seica vou ter que seguir coa miña defensa do movemento uns aniños máis, seguramente sempre, porque non hai máis cego que o que non quere ver e non hai peor profesor que o que antepón o medo e a comodidade ás necesidades das crianzas. O enfoque político que rexe o sisitema público tampouco axuda, semella que somos os útlimos en Europa en decatarnos do errados dos nosos camiños.

Por qué é necesario o movemento para as nosas crianzas? E falamos de crianzas menores de 6 ou 8 anos, o que non significa que o movemento non sexa importante para todas as crianzas e mesmo para as adultas, pero non é o rango que nos ocupa aquí agora. Pois porque é a través do movemento que se produce o desenvolvemento xeral da persoa e, en particular, as conexións cos centros superiores do cerebro, encargados de operacións abstractas, as académicas e intelectuais:

E ben sabido que o bebé nace inmaduro, isto é así porque, se agardara ao seu término, coma outros mamíferos, que xa camiñan nos primeiros minutos, a cabeza non cabería polo canal de parto. Entón dícese dos primeiros 9-18 meses, a xestación externa. Nese periodo o novo Ser ten que, primeiramente, asegurar a súa supervivencia. Os reflexos son respostas innatas e estereotipadas a estímulos específicos,  e asisten ao neno ate os 3 anos e medio de vida.

Os reflexos primitivos aparecen durante a vida uterina e deberían inhibirse antes do ano de idade son os mestres máis elementais das habilidades motoras básicas, interveñen nos movementos do feto ao momento de navegar o canal de parto, no momento de buscar o pezón e succionar, no momento de pechar os dedos para agarrar algo, de levantar a cabeza, da preparación para o gateo, etc. O reflexo impele ao bebé ao movemento, e, canto máis practique, canto máis se mova, máis control do movemento terá.

Nos primeiros anos de vida a tarea do bebé será o control corporal: o equipamento dos reflexos e a práctica diaria incesante autodirixida (o bebé só para cando dorme) levaranno a través de millóns de intentos, ensaios e erros a aprender a levantar a cabeza, xirar sobre sí mesmo, reptar, camiñar, agarrar e soltar un obxeto, camiñar.... A  traves do control postural e a xesión do tono muscular e a gravidade coñecerá o bebé o seu límite físico e o seu lugar no espacio. Todo autoxestionado. E todo a través do movemento.

Unha vez que se controle a postura erguida as mans libéranse e poden dedicarse a actividades manipulativas, a partir de ese intre, a crianza poderá prestar atención ao desenvolvento de capacidades propiamente humanas: camiñar, falar e usar a linguaxe simbólica.

As conexións cos centros superiores do cerebro só están tenuemente establecidas ao momento de nacer, levará moitos anos de práctica e experiemtación sensoriomotriz ata que se constrúa unha estrutura solida perfectamente cableada, que responda con precisión e coordinación corpo-mente, áos múltiples desafíos que o mundo porá diante. A xenética proporciona un borrador, as experiencias e as oportunidades que nos brinde o entrono posibilitarán a construcións desa estrutura. É o que chamamos educación.

O coñecemento da propia posición no espacio é un puntal fundamental para abordaxe de capacidades cognitivas superiores, e aquel depende do equilibrio e o sistema vestibular. e, qué é o equilibrio se non a forma máis avanzada de control do movemento?

Durante os primeiros 5 anos devida, a crianza é a nai da persoa que acabará sendo. Arnold Gessell (1984)


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario