domingo, 9 de xaneiro de 2022

a-ventura do gato metido nun saco

Todo comezou a inicios do curso pasado, a
proposta chegou cargada de ilusión e promesas, houbo ensaios alegres, protestas do noso gato pelao, as visitas de Segundo e os da Roda, houbo debuxos e teatros, houbo tantas cousas que cando por fin nos entregan o libriño fixemos unha pequena festa co exalumnado, coas familias, con Mina, con Xerardo de Ponte nas Ondas, e ate parece que daba pena que todo rematara.

Involucrarse en proxectos tan valiosos, tan dignos, as veces pesa, é unha gran responsablilidade, doble responsabilidade, pois implicas a estas crianzas que se tiran de cabeza ahí onde tí sinalas, sen cuestionar, pero cando tes a favor os bos propósitos da Asociación, a compañía das familias e a intuición de profesora implicada na comunidade, todo non pode sair máis que ben, moi ben

De xeito que, agradecendo ser parte deste proxecto que mima a nosa lingua a nosa culura da man dos nosos irmáns e irmás portuguesas, lanzamos dende Taboexa un berro decidio e firme; Queremos as nosas raíces, a nosa tradición, a nosa cultura e, sí, A Nosa Lingua

Por se queredes ver o vídeo do resultado final, a ver se funciona o enlace 

https://bit.ly/2ZL5wPL






Ningún comentario:

Publicar un comentario