As multiples experiencias de movemento que ser
repetiron durante o primeiro ano, proporcion ao
O coñecemento da nosa posición no espacio é esencial para calquera actividade nel. Da mesma maneira que non podemos movernos nun mapa sen coñecer a nosa posición, as habilidades académicas como a lectoescrita precisan dun equilibrio estable que apuntale a direccionalidade.
E cómo entrenamos o equilibrio? A través do movemento, pero tranquilidade, a propia crianza nos gúía: e que se o neno gosta de columpiarse é porque precisa o balanceo, se gosta de saltar é porque precisa esa sensación, se gosta de tirarse polo tobogán, é porque ese exercició lle proporciona os elementos necesarios para a maduración do seu equilibrio, rubir unha árbore, dar voltas e voltas, subir e baixar...esas accións que eles procuran porque lles proporcionan placer, son precisamente as que precisan para liberarse dos reflexos primitivos e desenvolver un sentido do equilibrio forte e estable. Xa o dicía maría Montessori, hai que seguir á crianza.
O entrenamento destes sistemas é un proceso gradual que implica a maduración das conexions vestibulares ata alo menos os 7 anos, continuando o proceso madurativo ata mais aló da pubertade.
Cada cousa ao seu tempo señores, as nosas crianzas están agora no periodo sensoriomotor, teñen unhas necesidades de movemento e sonsoriais que debemos satisfacer. Hai que confiar neles. Hai que sentar os límites e confiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario