domingo, 9 de xaneiro de 2022

subir ao faiado con Santi

A poucos metros das nosas cabezas temos unha aventura apaixoante, temos oscuridade, pó,restos de animais, os tubos da auga,os cables, as tellas vistas desde abaixo, esqueletes de paxaro, ovos de curuxa,e o máis escalofriante, os morcegos co seu vó atolondrado e inquietante. Non entendo esa obsesión polas aventuras enlatadas e carísimas tipo Disneyland ou PortAventura, a nosa contorna ofrécenos as mellores experiencias as máis fascinantes, as da vida real.

A poucos metros das nosas cabezas hai un mundo paralelo e oculto que trae promesas de mundos do alén, a poucos metros das nosas cabezas viven  animais entre reais e fantásticos,e ntre diurnos e nocturnos que nos inspiran entre medo e curiosidade.

Por iso cando víu Santi de visita aquel día, varios anos despois de deixar a escola, Santi, qué grande estaba e que gusto compartir ese rato con ´le, coa súa mamá e a súa irmá Valeria, por iso lle fixo tanta ilusión subir ao faiado, e a min cumplirlla, e aos meus pequenos acompañalo a ese "ultramundo", agora todo o grupo lembra a Santi por ser queen os acomapñou a ese mundo do "Alén". 

Gustaríame tamén determe na utilidade de subir ao faiado en canto a concepción espacial. A aula que haabitamos éun prisma rectangular, pero o  cole dende fora mírase con forma de prisma triangular, o tellado, qué pasa entre o que se védende dentro e que se ve dende fora? Ese espazo intermedio, negado, pechado, case inexistente é o faiado. Cando penetramos nel completamos o crebacabezas da concepción espacial do edificio escolar. Matemática pura. Matemática vivencial. Aprendizaxes que non se esquecen, quen sabe se algun destes pequechos dentro de muitos anos estean deseñando un edificio e lembren no fondo do seu cerebro aquel día que se viron dentro do faiado, que miraron as ventanas das curuxas dende dentro. sentirán un pequeno arrepío entre medo e pracer.




Ningún comentario:

Publicar un comentario