martes, 4 de xaneiro de 2022

Mari e as bufandas

Aquel día chegou Mari cargada con bufandas para todos e simpatía a desbordar, o entusiasmo natural dascrianzas fixo o resto, a xenerosidade da señora topou unha manchea de crianzas que mesmo sen coñecela foron quen de dar sentido ao encontro. A verdade é que as bufandas coas súas cores divertidas e caóticas, son preciosas e eles as locen con gallardía, Mari, a partir de hoxe es amiga da

Escola e has de vir cada ano a renovar a amiade, agarámoste con ilusión.

Pero tanta alegría desbordada  tivo un final regular, despois da visita de Mari foron desatados hacia as colchonetas a saltar e xogar, saltar e saltar e xogar, e,...probiño Oscar partiu un oso, a profe quedou moi disgustada pero aquela teoría de que as crianas deben asumir riscos, aquela teoría ten os seus propios riscos, e por uns días as convicións profesionais cuestiónanse e por uns días reprimo as súas iniciativas físicas, tirarse polo valado, rubir a cerdeira, etc, só ata que se me pase o susto.

Oscar xa esta recuerándose e quedará todo nunha anécdota infantil, teño sorte de que as familias son comprensivas e non castigan máis a miña sensación de culpa..."podía terlle pasado en casa tamén"...pois si...

Estes dias lembro a Martina e a Sara, elas tamén, xa hai anos, déronme un pequeno susto deses que te teñen varios días confundida, oxalá que todos estes incidentes queden en pequenos sustos, pois a verdade é que non estamos libres de nada, no somos nadie, como se dí as veces







Ningún comentario:

Publicar un comentario