domingo, 9 de xaneiro de 2022

silencio, se juega

Cando vexo as composicións que arman no que chamamos o recuncho das construcións, invádeme unha sensación de estar a asistir a un momento grande, unha sensación de impotencia por non saber desentrañar as leccións aprendidas nese día, e a certeza total de que o patrón de desenvolvemento que levou a esa crianza (adoita ser unha obra individual) a buscar o pezón, a levantar a cabeza, gatear, camiñar, etc, está aínda operando e o impulsa a montar unhas pezas ao respecto de outras con criterios matemáticos de orde, clasificación, simetrías, cálculo volumétrico, etc... ademáis de inventar unha historia fantástica que lle da sentido á obra e, por suposto un resultado armonizado e cheo de beleza. 

Cal é o meu papel nesemomento, cal é o papel da mestra nese intre?, facer silencio e deixar traballar ao arquitecto, sacar unha foto e escribir unhas letras que intenten, se non é moita pretensión, despertar unha reflexión en canto a deixar que os meniños e as meniñas xoguen libremente, confiar no seu patrón interno e respectar escripulosamente ese tempo no que flúen a través do seu mundo máxico. Silencio, o cerebro está cableando.







1 comentario:

  1. Casino Resort Spa-Wesley - M.T.H. Casino Resort Spa-Wesley
    The 강원도 출장안마 Casino Resort 서귀포 출장샵 Spa-Wesley is an 태백 출장마사지 easy-to-navigate location 문경 출장안마 at M.T.H. Casino Resort Spa-Wesley. 군포 출장안마

    ResponderEliminar