xoves, 2 de xullo de 2026
As rutinas da escola 4/4
Rutinas da escola 3/4:
dividida en 3 bloques separados por as interrupcións da mestra, minimizadas ao número de 2, e estudiadas ao detalle para que se vivan do xeito máis natural posible. A idea é conciliar o respecto polo fluxo creativo individual e colectivo coas necesitades materiais ou organizativas da escola. Creo que está ben conseguido, ou, alo menos, está deseñado a conciencia, con moita reflexión e coidado.
Ao redor das 11 da mañá, despois de que estiveran
domingo, 3 de maio de 2026
a visita dos ex
A normativa recomenda que todos os centros dunha localidade elixan os mesmos días, máis eu teño boas razóns para non facer caso (o interés superior do menor) así que elixo un deles diferente do CEIP a
Visitamos as nosas amizades
luns, 27 de abril de 2026
folga no ensino
con normalidade. Porque a mestra non quere secundar a folga? Non, porque non pode. Nunca puiden secundar unha folga porque todos os centros escolares deben permanecer abertos con servicios mínimos repectando así o dereito do alumnado á escolarización. Soa ben. Máis qué pasa co dereito á folga ? Parece que prevalecen os dereitos das crianzas por riba dos dereitos dos traballadores. Outravolta soa ben.
Soaría todo a música celestial e representaría unha moi digna posición da patronal, a Xunta de Galicia, se non fora porque o discurso é interesado e hipócrita, pois non se defenden os dereitos do meu alumnado, por exemplo,
luns, 20 de abril de 2026
profe...é moi importante!
E efectivamente era moi importante, e moi emocionante, era... que o xazmín florecera e estábanos agasallando co testigo do prodixio anual
Feliz día do libro ou ....un conto cada día, por favor!
As rutinas da escola 2/4
Pero tamén era importante reducir ao mínimo as interrupcións, pois cando unha criatura está entregada á actividade libre o seu patrón innato de desenvolvemento está actuando e orientando a súa
luns, 2 de marzo de 2026
As Rutinas da Escola 1/4
construir cousas.
luns, 9 de febreiro de 2026
o multigrao en toda a etapa obligatoria
xuntar 2 aulas, revólvome¨; non hai cousa que peor ature que a confusión interesada e a falta de claridade, pois con esas protestas deslizan implícitamente a mensaxe de que o multigrao é perxudicial, é un atraso propio das escolas rurais (ata o vicepresidente español o manifesta) as sempre perxudicadas... Qué ignorancia, nada máis lonxe da relidade.
Imos por partes. A protesta é lexítima en tanto en canto a ese cole lle suprimiron un docente. Onde antes había 10 crianzas con 2 profe, agora hai 20 cún só profe. Ahí está o problema, O centro aproveita a forza das familias para presionar á Consellería pero non informa convintemente de que en realidade o problema non é mesturar, o problema é que temos un docente menos no centro, e efectivamente é un problema, os recortes nas plantillas dos centros son voraces e precarizan
mércores, 4 de febreiro de 2026
Portas Abertas na EEI Taboexa (Xunta de Galicia)
tempo, literal. Pero desta vez convidámos expresamente ás familias que están pensando en escolarizar as crianzas o vindeiro curso. Ou a quen queira coñecernos. Ofrecemos unha atmósfera amable e respectuosa coa infancia, un proxecto educativo comprometido socialmente e defensor do disfrute e coidado do medio natural, e unha proposta educativa baseada no coidado mutuo.
Nela conviven unha manchea de ciranzas de 3, 4 e 5 anos, medrando xuntas en ambiente colaborativo, aprendendo a coñecerse, a coñecer o mundo, e a ser parte del.
Venres 20 de Febreiro na Escola, previa inscrición por teléfono. Ese día as adultas teremos un tempo de calma e atención para falar do proxecto e coñecer a escola, se é de voso agrado, as crianzas virán posteriormente.
Vinde coñecernos!
martes, 3 de febreiro de 2026
leccion de física ou...silencio, se juega!
A medio metro dél outro monta unha torre con pezas de madeira, o máis alta posible, claro, experimentndo o equilibrio/desequilibrio, coordinando desta vez os criterios de verticalidade, volume e peso. Dentro duns anos algun profe falaralle da fundamento físico do equilibrio dun obxecto según se a perpendicular do seu centro de gravidade pase ou non pola base de sustentación, e él non lembrará nada pero seguro seguro que unha das 100.000 millóns de neuronas vaise acender impulsada pola lembranza do
xoves, 29 de xaneiro de 2026
O neno que non quería vir ao cole ou... dubido, logo existo
E o neno di que non quere vir ao cole.
E o pai dubida, a él non lle importa, todo o contrario, que
o neno quede en casa; para él a escola é un recurso máis de socialización que
de conciliación. É feliz co seu fillo na casa.
O neno dí que non quere vir ao cole porque quere estar con
mamá TODO o tempo. Soa razoable, non?
O pai dubida, sente que o cole beneficia ao seu fillo pero non lle gusta pensar que está sufrindo, (é o pranto sinal inequívoca de sufrimento profundo?) non sabe qué facer, pide consello á
mércores, 28 de xaneiro de 2026
feliz 2026
clásico intercambio de postais.
Non é fácil comprender o paso do tempo para un ser que só sabe (sorte que teñen) vivir no presente. Pero é función da escola axudarlle a comprenderse a sí mesmo e o mundo en que vive, por tanto tamén o paso do tempo e a forma de medilo, inda que só
domingo, 19 de outubro de 2025
Apuntes de ciencia: motivación intrínseca/extínseca
O estudante que non está motivado non aprenderá. Poderá, con moito esforzo e o consecuente desgaste psicolóxico e anímico, memorizar datos e, se acaso aprobar un exame, pero non aprenderá de xeito eficaz, non senso amplo, integral, útil para a realización humana. Que é o que queremos non? ... non?
Existen varios tipos de motivación, o máis coñecido é o binomio intrínseca/extrinseca. Na motivación extrínseca, a conduta dase pola forza atractiva ou repulsiva hacia a
luns, 13 de outubro de 2025
Apuntes de ciencia: Os sistemas motivacionais de aproximación /evitación
Pode que sexa un atrevemento tratar de teorizar sobre conceptos que non domino ben, e posiblemente meta a pata (case seguro, coma sempre) nalgunha das miñas aseveracións. Inda así insisto en transmitirvos as novas adquisicións intelectuis relacionadas coa miña profesión e cos vosos fillos/as, non só para a vosa información, senon támén porque, como a neurociencia xa desvelou, o mellor xeito de aprender algo non é nen escoitando, nen vendo, nen facendo, senon, explicándollo a outro; así que fago o esforzo de ordear contidos e esruturar o relato para eu aprender. Agradécense comentarios, matizacións, correcións etc...
Gústame ler e formarme na neurociencia porque aporta evidencia científica ás intuicións, crenzas e convicións que moitas voces
mércores, 1 de outubro de 2025
Topamos a Mouri, xa pode comezar o curso!
xoves, 26 de xuño de 2025
A EEI TAboexa na Facultade de Educación de Ourense
Pois seguindo o fío, aclarada a prioridade do aspecto
Escola da Rata
se polo romanticismo dos tempos antiguos (vistos dende o benestar de hoxendía), máis embebidos de humanidade (presuntamente) e relacións cercanas ou porque sabía que precisaba bastante autonomía para desenvovler a escola que eu soñaba. Sexa como for no ano 2014 cheguei a Taboexa chea de ilusión e topei aquí, moitas alfaias, a primeria, a lenda da Moura que me levou da man todos estes anos por máxicos camiños , e despois, unha manchea de familias que ampararon decididamente a miña proposta pedagóxica. Da man dunha desas familias
mércores, 25 de xuño de 2025
os derradeiros días de curso...
....e despois do gran día da Procura do Tesouro da Moura coa raposa Raquel Queizás inda quedaba outra vivencia, que non por ser calmada é menos importante: os derradeiros días de curso.
Hai xa anos que me decatei do gran erro que era asignar o derradeiro día de curso para o evento de despedida (festival, festa, ertc...) . Eu ben vivín como as emocións do evento final chocaban coa emoción propia do derradeiro día e unhas non deixaban disfrutar das outras, interferíndose mutuamente.
Na procura do Tesouro da Moura de Taboexa
Pero comecemos polo principio. Temos un mapa da Cova da Moura, alí están (presuntamente) o Tesouro, Mouri e a merenda prometida. Sabemos que a Raposa é crucial para topar o camiño certo. A Raposa é Raquel Queizás, contadora de historias de profesión e raposa como identidade sentida; ela leva xa uns anos acompañándonos coas súas historias de galiñas, ourizos, lobos, todos animais do monte amistosos cómplices das nosas andanzas.
Mina, a avoa de David (David xa non é alumno pero lembrámolo ben) ven
Montescola 25
grazas, por ter a enerxía para abordar este marabilloso e exixente proxecto, por ter a axuda que preciso e, sobre todo, porque todas as crianzas disfrutaron sen mancarse. Ou acaso ignoramos inxenuamente que a seguridade física das crianzas é unha das principais preocupacións dos mestres? O que pasa é que sabemos que é precisamente o espíritu explorador dos cachorros humanos o que os impele a medrar e ser máis competentes, e non nos queda máis remedio que conxugar iso coa
o Museo de Pontevedra, a nosa casa
xoves, 5 de xuño de 2025
sen emoción non hai aprendizaxe*
Sobre esta afirmación, que moitos de nós subscribiriamos de forma intuitiva, hoxe a neurociencia ofrece evidencia e explica algunhas claves dos seus procesos; que son as emocións, como xorden, que función teñen, como inflúen na aprendizaxe, como inflúen os demais nelas …
xoves, 22 de maio de 2025
Traballos Comunitarios na Fonte da Cabreira
gran Señora do Monte nos deixou mensaxes a primeira vez alá polo 2014, dende entón facemos nosos cada un dos seus recantos cheos de saúde e aventuras, semana tras semana aprendemos a disfrutar deste espazo e a recoñecer e valorar os seus engados, as pozas do liño a fonte que nos regala vida, as ovellas pastando, o bosque de salgueiros que convida a mil e unha aventuras....e xa chegando a fin de curos preparamos o proxeto Montescola co maior esmero, a maxia está servida, pois Mouri xa desapareceu, agora toca expedicións polos montes da Contorna para atopala, a ela e ao Tesouro da Moura, imaxinado entre promesas irresistibeis. E como centro de operacions: A Fonte da Moura, pero hai que adecentala pois a Nai Natura non deixa de medrar. A Comunidade de Montes desbrozou e tócanos a nos algúns detalles sinxelos: angazar, dar protección á madeira,
mércores, 23 de abril de 2025
23 de abril día do libro
Comezamos o derradeiro trimestre celebrando os libros, eses que nos fan rir e chorar, aprender e comprender, esquecer e lembrar, viaxar hacia afora e hacia adentro..., é por iso que amamos os libros e coidamos a aprendizaxe das primeiras letras como ouro en pano, pois do coidado con que se traten estes primeiros esforzos e descubertas, dependerá en parte o goze e aproveitamento de tantas lecturas que a rapazada ten por diante. Feliz día do Libro! Grazas á Comunidade de Montes e ás Veciñas que se achegaron a pasar un rato con nós. E á cantina de Geni, porsuposto que nos adozou a boca co seu sabedeiro biscoito. Podedes pasar a recoller o voso
mércores, 9 de abril de 2025
As crianzas son antifráxiles
A árbore é antifráxil, non é que sexa robusta e ature o vento
sen quebrar, é que precisamente NECESITA o vento para facerse forte!.
venres, 28 de febreiro de 2025
Orgullo de Unitarias 2/3
Gran
éxito do encontro “Orgullo de Unitarias”:
Reflexión
académica e comunitaria sobre o valor da escola unitaria rural.
A escola unitaria de Taboexa (As Neves) foi escenario este sábado do atopo “Orgullo de Unitarias”, unha xornada de análise e visibilización do valor das escolas unitarias rurais no sistema educativo actual. O evento, organizado polas














.jpg)

.jpg)




.jpg)