Sò unha simple mesa, baixiña e silenciosa en medio da algarabìa infantil, parece que non di nada, mais, se facemos silencio total e arrimamos a cariña sentiremos a sùa mensaxe.
Hai moitos anos unha àrbore liberou o seu froito, un ourizo pinchudo con tres irmàns, e a do medio tivo sorte e prendeuse na terra alimentándose dela, do sol e da chuvia medrando e medrando e cando pasaron moitos minutos, horas, dias, meses e anos a castaña do medio era unha arbore grande e maxestuosa, un castiñeiro xeneroso e abundante que liberaba castañas para todas as persoas, para os animais do bosque e para que as medianas deran en converterse en novos
luns, 18 de decembro de 2017
luns, 27 de novembro de 2017
lumes nunca mais (3/3) Grazas!
Ai, que ben o pasamos o sábado!
sentir que estabamos unidos por unha causa comùn, todos e todas empurrando para defender a nosa natureza, e que estabamos contentos porque puñamos o noso gran de area para que as cousas saìran ben.
Pola mañán, no Centro Cultural, crianzas e adultas sementamos case 200 carballos e desfrutamos do concerto de LIKE A VERSION con vermut, e moi a gusto entre bromas e
sentir que estabamos unidos por unha causa comùn, todos e todas empurrando para defender a nosa natureza, e que estabamos contentos porque puñamos o noso gran de area para que as cousas saìran ben.
Pola mañán, no Centro Cultural, crianzas e adultas sementamos case 200 carballos e desfrutamos do concerto de LIKE A VERSION con vermut, e moi a gusto entre bromas e
venres, 24 de novembro de 2017
lumes nunca mais (2)
Cando mago Marco me contou da sùa disposiciòn para facer unha actuaciòn para recaudar fondos para paliar os estragos dos lumes na nosa terra sentìn que me caìa enriba unha tarefa grande e que non tiña ganas de acometela, cansancio e desànimo, pero, còmo despreciar a xenerosidade dunha persoa querida polo cole?. De modo que, despois de pasado o susto, o apoio entusiasta das mamàs deume folgos, e a reacciòn tan entregada de Raquel Queizàs (outra artista querida do cole) rematou de disparar o proxecto. O centro Cultural de Taboexa e a Asociacion Veciñal unìronse tamèn
mércores, 25 de outubro de 2017
Diàlogo corpo-obxectos
A experimentaciòn con
diferentes materiais e co seu propio corpo. Exploración de posibilidades
aplicando todo o potencial de iniciativa, creatividade, e tesòn.
A profesora mira porque o entorno do pequeño sexa rico en
materiais desestruturados (a poder ser materiais nobres, amables coa natureza
infantil), e cede o espazo e o tempo para que o pequeno, sò ou en compañía, reciba,
a través do tacto, a información sobre os diferentes obxectos , a relación entre o tamaño, a forma o peso,a
textura, o material do que està feito, o
efecto da sùa acción sobre eles, e as potencialidades dos mesmos .
Asi constrúen unha torre con bloques de madeira e
experimentan o peso e a relación entre peso, tamaño e forma, experimentan a verticalidade e
o equilibrio, a suma de elementos, a taves do
Ler e escribir, cando? Què di a neurociencia?
exercicio de lectoescrita |
Ela cando salta, ri!
Ela cando salta, ri. E os demais tamèn, què sucede no seu
cerebro e no resto do corpo que lles produce alegría o movemento? No periodo sensoriomotor as aprendizaxes acontecen
no seu cerebro a través das sensacións corporais e o movemento. Xa o dixo
Piaget no sèculo pasado, hai que telo moi en conta, estes nenos e nenas non sò
teñen dereito a poder moverse con liberdade (nun espacio seguro e amable) se
non que è unha vìa moi eficaz de desenvolvemento integral que prepararà o seu
organismo para as operaciòns mentais mais complexas propiamente acadèmicas, sedentarias e
cerebrais. Sì.Saltar agora para ler
despois, a correspondencia està probada, antes de ler e escribir un neno debe
xogar a pelota, saltar à pata coxa, correr para adiante e atrás, andar en bici…a
neurociencia nos està a advertir de que as actividades propias da infancia, dende
o principio dos tempos, son precisamente as que precisa un organismo en
maduraciòn para posteriromente afrontar operaciòns mentais mais complexas
mellor preparado. Por iso tanto as nosas crianzas como nos cando eramos
crianzas xogamabos igual, a colocar paus, amontonar terra, alinear pedriñas,
correr, saltar…son acciòns que resonden a impulsos naturais deseñados pola nosa
natureza para vehiculizar as aprendizaxes propias da etapa infantil.
lumes nunca mais!
Querida Moura:
Estamos preocupadas por tì, sabemos que ardeu ata a porta da
tùa cova, debeches de pasar moito medo, igual que a rola, a curuxa e o pardal, sentìmonos apenados, cheos de cansancio e rabia, nos, tan apegados à
natureza, tan cercanos as pequeñas floriñas que medraban entre as àrbores, tan
atentos as pegadas dos animais que viven no monte e que às veces nos deixaban
mensaxes de cariño e simpatía e xogaban con nòs às agachadas, a topar os
petroglifos ou o tesouro que con agarimo deixabas para nòs cada
xoves, 13 de xullo de 2017
doces despedidas
Despedìmonos . Uns ata setembro e outros ata mais ver,non se sabe, se cadra a próxima vez que nos vexamos xa me sobrepasan en altura ou me cruzo cun adolescente que simula non coñecerme, non importa, o que se entregou queda dentro.
È unha verdadeira despedida despois de 3 cursos xuntos dìa a
dìa compartindo momentos de risas, de
esforzos, de superación e de acompañamento
Cando vexo para eles non sei se me sinto profesora, mamá ou
amiga, e
mércores, 19 de abril de 2017
e neste cole cando se estudia?
Reviso as entradas e todas relatan excursiòns, saìdas , visitas ou actividades especiais, non sei por què esas son as que suxiren escribir algo ou mostrar as fotos. Pero esas vivencias mais libres, menos enmarcadas en criterios de tempo e espacio non serìan posibles se non hai detras unha rutina que aglutina ao grupo e lle permite funcionar fora do cole con autonomìa e seguridade. Son eses pequenos momentos onde nos coñecemos uns aos outros e deseñamos unha forma de estar e de confiar. Eu confìo neles, saio a rùa, asumimos riscos sabendo que atenderàn con dilixencia as miñas indicaciòns, e eles en min, pois sìntense seguros no contexto que
vacaciòns de primavera!
Despedimos o segundo trimestre cunha
actividade moi bonita e acompañadas de compañeiros que habìa tempo que non tiñamos con nos. Viñeron Maëlle, Lùa, Freixa e Manel, que alegrìa ter unha roda tan grande. Bea (e Lila), a mamá de Maia acompañounos e dirixìu a actividade central do dìa: pintar ovos, foi un dìa plàcido e creativo, rematado cun xantar compartido coas familias, e con mais alumnas doutros anos: Larua e Abraham, sentìn esa mañan que se respiraba paz e alegrìa .
Venme este pensamento à cabeza porque as visitas imprimen un aquel de tensiòn na aula, è
unha presencia nova para o alumnado e, para
actividade moi bonita e acompañadas de compañeiros que habìa tempo que non tiñamos con nos. Viñeron Maëlle, Lùa, Freixa e Manel, que alegrìa ter unha roda tan grande. Bea (e Lila), a mamá de Maia acompañounos e dirixìu a actividade central do dìa: pintar ovos, foi un dìa plàcido e creativo, rematado cun xantar compartido coas familias, e con mais alumnas doutros anos: Larua e Abraham, sentìn esa mañan que se respiraba paz e alegrìa .
Venme este pensamento à cabeza porque as visitas imprimen un aquel de tensiòn na aula, è
unha presencia nova para o alumnado e, para
martes, 4 de abril de 2017
antes da primavera hai que aboar as froiteiras
E alá fomos a casa de Angel, a botarlle unha man co abono, pero antes deunos a merenda, como disfrutamos dese zume de laranxa debaixo da laranxeira que nolo agasallou!, E ben merecido que foi, pois traballamos arreo co tractor, vaia experincia! Què facil é velos disfrutar!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
Grazas as familia que participan do proxecto escolar e a sùa filosofìa!
nosas amigas as cabriñas
...amigas de Mouri, nomeadamente.
Cando sentìu falar a Santi das cabriñas que naceran fuxìu do cole mesmo sen os zapatos!, e nos detràs dela, encantadas de visitar as cabras de Santa Cristina, què boa oportunidade para pasear polas fragas de Taboexa, para probar as laranxas do camiño, descansar à sombra dos carballos e, claro, recuperar a Mouri e darlle o bibe as Cabras.
Que sorte teñen as crianzas de ter unha vivencia escolar tan amable e tan apegada à Natureza e à Vida, e que sorte temos nos de andar arredor delas e nutrirnos asì da sùa maxia.
Cando sentìu falar a Santi das cabriñas que naceran fuxìu do cole mesmo sen os zapatos!, e nos detràs dela, encantadas de visitar as cabras de Santa Cristina, què boa oportunidade para pasear polas fragas de Taboexa, para probar as laranxas do camiño, descansar à sombra dos carballos e, claro, recuperar a Mouri e darlle o bibe as Cabras.
Que sorte teñen as crianzas de ter unha vivencia escolar tan amable e tan apegada à Natureza e à Vida, e que sorte temos nos de andar arredor delas e nutrirnos asì da sùa maxia.
ir a neve
Ir a neve è un plan que inspira tanto entusiasmo que aquel dìa de mañám non puiden mirar para outro lado, era finais de Marzo, era Primavera, eran as 8 e media da mañán e o Monte de Sanomedio estaba nevado, non habìa opciòns posibles, a axenda do dìa estaba clara, ir a neve!.Por suposto que a resposta deles e delas foi unànime: berros de ilusiòn. E por suposto que a resposta das familias foi tamèn de apoio e colaboraciòn, asì que as 11 e pico da mañan ahì arrancaba a Caravana de Taboexa rumbo à Franqueira para disfrutar dese estado màxico que sò se dà uns poucos dìas no ano nestas terras...e tanto que disfrutamos!
luns, 6 de marzo de 2017
A escola e o papel da mestra
Respecto polas
persoas
A escola è un lugar e un tempo onde as persoas se respectan
e se tratan ben, hai un ambiente de confianza e cariño entre todos/as. Por ser
pequenos de idade non merecen os nenos/as menos respecto que calquera persoa
Confianza nos
nenos/as e respecto e admiración polo seu momento evolutivo
A mestra confía na capacidaes dos seus alumnos/as, sabe e
sinte que o neno/a vai desenvolvendo en
cada etapa da sùa vida, habilidades, vocaciòns e intereses que responden à sùa
evolución, non tratamos de apurar fases, sabe e sinte que o neno/a ten una
forza interior que o leva a querer aprender en cada momento, aquilo que està
preparado para aprender.
mércores, 1 de marzo de 2017
portas abertas EEI Taboexa
A Escola Infantil de Taboexa abre as sùas portas para mostrar o proxecto educativo que atesora. Estaremos encantadas de recibir a vosa visita previa cita no 618 849 998. Lembrade que o prazo de inscriciòn para o vindeiro curso remata o 20 de marzo!
luns, 23 de xaneiro de 2017
O Señor Apalpador chegou ao noso terruño dende o Courel!
Un orgullo para esta profesora compartir un rato co señor Apalpador Anxo Moure e o seu axudante Servando Barreiro, traballadores incansables e xenerosos para a cultura galega e o avance da nosas sociedade!
Moito antes deque a sociedade de consumo importase dos paìses nòrdicos a figura de Papà Noel, en Galicia xa habitaba a figura mìtica do apalpador.
O apalpador è un home de barba rubia, un vello xigante que vive nas devesas das altas montañas
facendo carbòn para escorrentar o frìo do
inverno.
Moito antes deque a sociedade de consumo importase dos paìses nòrdicos a figura de Papà Noel, en Galicia xa habitaba a figura mìtica do apalpador.
O apalpador è un home de barba rubia, un vello xigante que vive nas devesas das altas montañas
facendo carbòn para escorrentar o frìo do
inverno.
queixo de leite de cabra ou queixo de Poldo!
Cando Mouri fuxìu (outra vez) do cole para ir a ver às sùas amigas, as cabriñas de Santi, non imaxinaba a aventura que nos etaba a por diante, porque a sùa escapada nos trouxo de agasallo unha excursiòn a casa de Santi, unha comida campestre no Coto de Santa Crtistina, e aprender a elaborar quixo co leite das cabras!, Vìu Poldo, de "A Cabuxa da Lagoa", Mondariz e aprendeunos a facer uns poucos de queixos que se non estaban tan ricos, servìronnos para facer unha chea de celebraciòns e facer amigos!
Unha vivencia completa, ligada à natureza à vida real, e inda por riba, à familia do noso alumnado, unha actividade redonda con un gran aproveitamento en canto à motivaciòn e cohesiòn do grupo e tamèn en cuanto a coñecementos...
Soño con que estas crianzas seguen a facer este tipo de actividades na sùa vida escolar futura, e aproveitar o gran potencial didàctico das mesmas.
domingo, 22 de xaneiro de 2017
adornos de nadal
cogomelos en Taboexa
Santi è un experto en cogomelos, bueno, en realidade è experto en observar cousas moipequenas na natureza, a sùa nai tamèn, mònica vìu ao cole e mostrounos cogomelos moi extraños algùns e outros que estàn ao noso redor, despertaron o asombro do grupo, despois fomos ao monte, nas fragas disfrutamos do ar puro, da luz entre os carballos e as casas en ruinas que nos evocan aos adultos a unha nostalxia do pasado vivo nas aldeas e às crianzas...què pensan as crianzas cando se paran diante das ruinas da casa dos Mouros, è posible quelles evoque mundos de misterio, de fantasìa de fadas e trasnos' pode ser, què saberemos nòs das forzas da natureza e da natureza da mente infantil, màxica, poderosa...pero sì sabemos e comprbamos que quedan sombrados mirando hacia as ruinas, pensando, sentindo...
Hoxe se cadra non todos aprenderon un nome de cogomelo, pero de seguro todos voltamos a casa cunha lecciòn: a natureza agocha para quen saiba mirar, alimento valioso para o corpo e para a alma!
enrrugas
Achegar as crianzas às persoas maiores...unha idea que gusta cando a comento coas familias, todos concordamos en que è unha cousa boa que compartan cos maiores que se deixen acariñar por eles , hai que facelo con coidado, despacio, respetanritmos e distancias...os peques pòdense sentir violentados ante a cercanìa de descoñecidos con fìsicos deteriorados polos anos e as dolencìas, aspectos cos que non todos estàn familiarizados neste mundo acutal onde se sobrevalora a xuventude e se agocha a
Os patucos inundan de cores a Escoal de Taboexa
Os nosos amigos Angel e Miriam, da Casa Rural Uma (http://www.casauma.es/), fixèrnnos un agasallo moito mais grande do que eles crìan...
Os alegres e quentiños patucos amorosamente ganchilllados trouxeron o empurròn que faltaba ao proxecto de quitar os zapatos no cole, vella idea da mestra que non se decidìa a implementar, a pesar de coñecer os beneficios de andar descalzos...ai! os hàbitos como se aferran...
E algo màis trouxeron, un soplo de vento fresco e colorido coma eles que nos convidou a desperezarnos, estabamos sumidos nun sopor
froito do desànimo destes tempos difìciles.
educar en el asombro
Este libro caeu nas miñas mans un dìa de sorte e quero compartilo con vos, fala do asombro (e outras cousas importatnes), iso que vemos brilar nos ollos dos peques cando quedan ensimismados observando algo, deixàndose sorprender pola realidade, esa alegrìa que lles inunda e comparten con nós cando descubren algo, cando aprenden algo, cando sinten que comprenden o mundo e que son competentes...eles veñen dun mundo que nos xa esquecimos e estrean este coa mellor das disposiciòns posibles, cada descubrimento e motivo de goce e nòs somos testigos diso, ese deleite, esa alegrìa de aprender, ese asombro è unha delicada xoia que nòs debemos tratar de preservar, porque è o motor do coñecemento e a maduraciòn integral das nosas crianzas. Està à vosa disposiciòn no Cole
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)