Faltaban uns anos para que Xesucristo chegara para organizar o noso calendario, cando, cunha pola de acivro como ofrenda, a druida Norma suplica á Diosa Lúa, paz para as comunidades en conflito: As Galias e os Romanos invasores, pois ela está namorada dun guerreiro romano e teme pola súa vida.Parece que resoa na miña mente a historia da Moura por aquí polos montes de Taboexa...tería tamèn a nosa Moura un guerreiro namorado?
Mamás e papás, familias e amigos da Escola de Taboexa, é para nós unha grande honra convidarvos a disfrutar de Dania Diva, soprano que nos emocionará coa peza Casta Diva (Norma de Bellini), sí, en Taboexa, nunha escola infantil escoitaremos ópera, porque para os mais pequenos, o mais grande!





