sábado, 9 de novembro de 2019
obradoiros
Dende o meu primeiro día de profesión valorei moi en alto a
implicación das familias na vida escolar. Se o cole chega a ser tan importante
na vida das crianzas (demasiado ao meu entender), as familias non se poden
desentender desa realidade. Especiamente na etapa da Educación Infantil, que
supón para aquelas, a primeira separación dos seus adultos de referencia, e o
inicio da construción dunha vida privada. Neste inicio, escola e familia han de
entenderse para facilitar o proceso de desconexión ao meniño/a . Desconexión e
conexión. Conexión con él propio, coa súa identidade, construida e identificada
agora en relación aos iguais.
martes, 29 de outubro de 2019
desafíos invisibles
domingo, 13 de outubro de 2019
reencontros
Hoxe chove a cachón. É raro porque eu me dispuña a escribir a primeira reseña do curso neste altofalante das miñas inquedanzas que é o blog, cun espìritu postvacacional onde se mesturaba a señardade polo verán que despedimos con preguiza, e a ilusión que agroma ao ver cariñas ilusionadas coa volta ao cole. Naqueles días aínda quecía o sol e o corpo tiraba hacia a praia e o río e non hacia o cole, era raro tamén.E nun mes todo mudou, o tempo atmosférico e a miña mente, que xa mira hacia o cole con ilusión e plans a estrenar, e repaso as fotos e resulta que
xoves, 27 de xuño de 2019
despedidas
Despedimonos Moura, agradecendo ás familias a confianza de deixar o mais prezado nas miñas mans, ás crianzas a alegría e o amor entregado a chorros, e a ti, Moura, o alento e a inspiración constantes
para traer cada día novas aventuras ás
nosas vidas, aventuras que nos ciñen máxicamente á terra e á comunidade que nos
acollerá no noso paso polo mundo.o Tesouro da Moura
Si, outravolta topamos o Tesouro, outra vez , xunto co cole de Rubiós procuramos as pistas da Raposa entre petroglifos, fontes, penedos e pozas ate dar coa Raposa.A Raposa Raquel Queizás, que, coma sempre, sabe conectar coas crianzas pondo nelas esa cara de pasmo e espectación cando escoitan as súas historias, deulles a axuda final para o encontro tan ansiado, Mouri, Poké e o tesouro metidos dentro da Cova. Os maiores poñen as botas, pois a cova ten auga no fondo e van recuperar os nosos amigos, topan o tesouro de lambetadas e xoias para todos e topan tamèn a mensaxe
as letras galegas
xoves, 18 de abril de 2019
o pan de millo do Quequé
Pero o día ansiado chegou e non defraudou. Botamos a andar monte arriba con determinación e ...que sorpresa ao ver a Mouri agardando por nós no cruce para axudarnos a cruzar a carretera!
Chegar a casa dos avós de Roi foi unha festa, que excitación! roi non cabía en sí, quería mostranolo todo! Creo que non menos contentos estaban Quequé e Tina, orgullosos de compartir cos amigos do neto unha pequena parte da súa vida. Cantamoslle a canción do Pan de Millo e eles nos convidaron a merendar mentres o pan se cocía no forno de pedra quecido con lume. Qué experiencia mais proveitosa para as crianzas! Qué sorte temos de que haxa Quequés e
Saudamos a chegada da Primavera
O 21 de Marzo sentimos a chegada da Primavera, de Ostara no noso calendario celta, que verdes tan tenros se ven nas puntas das árbores, e cómo os brotes puxan por agromar á vida!. As prímulas nos anuncian que comeza outro ciclo para os seres vivos, da fonda osuridade da Terra a vida esperta buscando as mornas raiolas do Sol, que hai pouco voltou dende o Inverno. Na carballeira do Candón intercambiamos agasallos coa terra, alí deixamos a pegada alegre das crianzas e recibimos pequenos carballiños que serán prantados por nós, en diferentes lugares das nosas aldeas. a avelás en Casa Uma
martes, 12 de marzo de 2019
abusos sexuais na infancia
En torno a un 20% dos nenos e nenas sufren abusos sexuais en España. Dato demoledor, un de cada 5. Pito pito colorito...A maior parte perpetrados por homes do seu entorno cercano. Incomoda ler isto neste espazo tan cheo de dozura e de momentos felices, pero é un acto de responsabilidade sacar á luz un problema (un delito) moi grave e moi común,que en grande parte permanece oculto. Moitos dos nenos/as abusados non son quen de contalo a ninguén, o abuso é reiterado, e xa cando son adultos, nun esforzo desgarrador, falan ou denuncian. Outros moitos non o contarán nunca. As consecuencias sobre a saúde emocional son devastadoras. Debemos aprender a afrontar o asunto e preparar ás crianzas para identificar unha hipotética situación de abuso e reaccionar ante ela.xoves, 28 de febreiro de 2019
portas abertas para o curso que vén

E despois doutra volta paseniño ao redor do Sol, a caròn dos piscos e as curuxas, medrando á par dos carballos e as margaridas, na Escola Pùblica de Taboexa abrimos novamente às portas para dar a coñecer o noso proxecto cara ao curso vindeiro para as crianzas de 3 a 6 anos: Acompañamento e guìa respectuosa no máxico camiño de crecemento persoal dos meniños e meniñas.
Ven coñecernos!
Estamos en As Neves, Pontevedra.
O prazo de inscriciòn abrangue do 1 ao 15 de Marzo, concerta unha cita no 618849998 e estaremos encantadas de recibirte e compartir.
momentos máxicos
Angel está practicando a suma coas regretas Cuisenaire (ollo, non se fala de sumas, sóestá facendo unha formación con pezas...) e Sara, que anda por alí, e, por certo, ten unha gran predisposición para aprender cousas de cole,
os Cabalos da Coutada
Vaia aventura!, Mouri fuxíu outravolta, e mandamos a Gato Pelao ao monte para que a trouxera de volta, pero aconteceu o de sempre, que quedaron os dous no monte. A aventura está servida, as nenas e os nenos de Gándara acompañáronnos ao monte, eles querían axudar a prantar árbores, sensibilizados pola traxedia do incendio do 15 de Outubro de 2017, nos queríamos recuperar a Mouri. Así o venres pasado subimos a costa do Sanomedio ate as abas do Coto Morgallón, mentres uns prantaban outros xogaban nos troncos (ahh, que recurso de diversión, aprendizaxe e crecemento marabilloso, as pilas de troncos no monte)e na a curiosidade para aprender
A curiosidade é o primeiro paso, o entusiasmo por aprender e ser cada día mais competentes (ser maiores, din eles), a alegría do descubrimento, o feito de probar dun xeito e doutro ate topar a solución, ou sen solución algunha, probar dun xeito e doutro polo pracer de ver, de descubrir, de aprender de tirar conclusións e elaborar leis e teorías que en cinco minutos van ter que reaxustar pois unha experiencia nova desequilibra a seguridade anterior. Conceptos que me veñen á cabeza de ao chou. Recibir información do medio a traves de ollos e mans, sí, pero tamèn do resto do corpo, ese resto que os adultos temos xa esquecido, soa raro dicir que unha nena está a aprender a ler cando salta nunha colchoneta ou cando trepa a unha árbore, cando xoga coa auga ou cando salta
mércores, 13 de febreiro de 2019
un día normal
Encantanmos os días normais, é como se tiveramos a sensación pola mañán,de que bon que teño un tempo por diante para facer o que xa sei que me gusta!Despois de entrar e compartir no vestíbulo uns minutos coas mamás poñemos pantuflas e entramos na aula, para saudarnos formalmente, e comentar as novidades, facer pequenas reflexións, compartir intereses, dar recados ou planificar o día. No entorno das 10 imos á mesa grande a traballar un pouquiño, Angel e Abel deciden xogar unha partida de Oca (celebramos un campionato con semifinal e final), Iris e Uma se interesean por pintar nun folio mentres Amalia e Mikaela ordenan as bolas do Bingo (pronto botaremos a nosa primeira partidade Bingo en varios anos!!) Roi e Carla fan o quebracabezas das sombras, nen tan facil, nen tan difícil, un pequeño desafío diario que os impulsa a medrar.
A medida que rematan as crianzas van xogar aos recunchos,
hai moitas opcións, en cada recuncho hai material específico: xogo simbólico, construccions, ensartar, pintar, area, barro,
os obradoiros
Nada nos faltana nosa cotidianidade, somos felices no noso ritmo pausado e repetitivo de recunchos, contos, quebracabezas, construccións, xogos de sombras, a casiña de mouri, os colares, a area máxica, o barro, a pizarra, as pinturas, a oca o dominó, o bingo, a roda… multitude de posibilidades de espazos, material, tempo e compaña.
Pasan os
primeiros meses de curso e a rutina asentase, as crianzas fan seu o
espazo escolar e
as relacións son confiadas e seguras, e, asi como a Natureza comeza a espertar polo inicio de Febreiro o gurpo está preparado para as novidades, e as recibe con confianza e alegría.
as relacións son confiadas e seguras, e, asi como a Natureza comeza a espertar polo inicio de Febreiro o gurpo está preparado para as novidades, e as recibe con confianza e alegría.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



