martes, 8 de decembro de 2020

Lomloe ou Lei Celáa: moito ruido e poucas noces

Que cada novo goberno cambie a lei educativa  denota falta de consistencia da sociedade, provoca cansanzo na poboación e nos profesionais do ensino e impide avaliar o alcance da anterior.  Mudamos de lei cada  5 anos mais non damos con tranganillo, pois as cifras sobre resultados educativos, repeticions de curso, absentismo e abndono escolar son das peores de Europa. Pero neste caso debo saudar esta nova lei por revertir certos aspectos especialmente lesivos da LOMCE, a lei que o anterior ministro Wert sacou adiante sen consenso nengún e que levantou importantes protestas de amplos sectores da comunidade educativa. 

Ante o ruido mediático e a crispación que levanta esta lei por parte de determinados sectores interesados  síntome como profesional do ensino, interpelada a explicar ou  alo menos, ofrecer as miñas interpretacións sobre os puntos máis polémicos da mesma.

sábado, 14 de novembro de 2020

no tempo elástico agroman as árbores en Taboexa

A pandemia  deixa ao seu paso dor e sufrimento, non se obvia ese aspecto, faltaría máis, non son unha inxenua, pero o confinamento da pasada primaveira deixou tamén grandes oportunidades para vivir o tempo dun xeito xa case esquecido na nosa sociedade occidental, sí, a do benestar...o confinamento da pasada primaveira forzounos a parar o activismo absurdo e descontrolado e a descubrir no fondo do silencio e a calma, un pouquiño máis, a nos mesmos.

Así que, todos os venres da era confinada eu, a

sábado, 7 de novembro de 2020

desafíos extremos

O ano pasado era Area a poñer o calcetín no pé e este ano é David introducindo a súa roupa mollada de pis nunha bolsa de plástico para levar a casa a lavar. As dificultades que ten que encarar son moitas, só nos facemos unha idea cando o observamos. Cando contemos o impulso de facer as cousas  polas crianzasl e permanecemos canda éles observando, sen ansiedade e con amor, aprendemos todos. Aprende él e aprendo eu. nun par de minutos, unha gran lección para ambolosdous, o día está gañado, a xogar.

Porqué non facelo por él sendo a tarea tan árdua?

Por impulsar a súa autonomía?, Evidentemente o esforzo de non ofrecer demasiada axuda estimula a súa competencia, e tamén a consciencia dela, polo tanto, ganancia extra: Autoestima, mira profe, yo solito! Pero esta vez a contemplación da batalla responde máis ben a

qué debe facer a escola infantil polas crianzas?

En medio do caos, a confusión, a apatía e a desesperanza, hai un espazo cheo de luz en Taboexa, ali unha manchea de pícaras transitan polo tempo escolar coa alegría que lles é natural. Como non pode ser doutro xeito achéganse canto queren
aos seus compañeiros (evoco a imaxe dos cachorros de león a brincar rodando polo monte abaixo) e comparten material e xogos. Así, a través da relación co medio -e isto abrangue cousas e persoas-  e impulsadas pola súa programación innata, coa ferramenta mental e corporal da que foron dotados,  é como constrúen a súa sique e o seu mundo físico, emocional e cognitivo. Non hai atallos.  Veñen á escola nomeadamente para iso,

xoves, 11 de xuño de 2020

Montescola Taboexa

Como queira que nunca a satisfacción é completa, a alegría e realización profesional que sinto ao velos xogar, brincar, gozar no monte, en definitiva, medrar sans, é opacada pola dúbida acerca de se é ou non seguro ter feito este chamamento (privado) aos encontros ao ar libre.

A Montescola de Taboexa reúne unha manchea de crianzas no que chamamos Fonte da Moura (da Cabreira), un espazo do Monte Comunal, acondicionado pola colaboración entre Escola, Concello e Comunidade de Montes dende hai uns anos, cando a Moura deixou alí a primeira mensaxe, o primeiro agasallo, o primeiro engado

luns, 13 de abril de 2020

qué pode facer a Escola polas crianzas?


MIles de mortos, centos de miles de familias na ruina económica, milleiros de persoas con
afectacións psicolóxicas importantes e o mundo do ensino preocupado en non perder nivel académico, facendo ver que é posible seguir o ritmo das aprendizaxes como se non pasara nada, só porque temos (quen teña) ordenador e acceso a Internet …
É hipócrita pretender que co precario manexo que docentes e alumnado temos das ferramentas tecnolóxicas , poidamos realizar unha docencia eficaz. Así moitos colegas están agotados nunha carreira que perden todos.
É obsceno centrar a preocupación no nivel académico diante da traxedia social que estamos vivindo e a que nos agarda.
E sería unha verdadeira mágoa, non ver o que este confinamento ofrece ao mundo do ensino, a

mércores, 1 de abril de 2020

Linguaxe e movemento (4) Hitos de madurez para a lectoescrita


As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoesrita ata que os órganos que interveñen nela estiveran suficientemente maduros. Parece unha obviedade, e o é, entón, por qué observamos con desacougo  como en tantas escolas forzan a aprendizaxe da lectoescrita, impoñéndoa prematuramente , causando danos da fisioloxía implicada e na motivación, aspecto tan necesario para a aprendizaxe?. Se cadra polas presas desta sociedade para conseguir todo rápido? (que acaído este parón do coronavirus para ver que nda é tan urxente!), qué culpa teñen as nosas crianzas das nosas neurosis colectivas? Cómo é posible se se lles estea a danar querendo cre que se lles está beneficiando? Por favor un pouco de reflexión e honestidade!.

As crianzas non deberían ser sometidas ao ensino sistemático da lectoescrita ata que os órganos que interveñen nela estean suficientemente maduros. E cando están maduros? Estímase que ao

Linguaxe e movemento (3) Os xogos de dedos


Os xogos de dedos son pequenas rimas acompañadas dunha coreografía de motricidade das extremidades superiores, espcialmente mans e dedos. Estes xogos, combinando sons e movementos, impulsan a madurez do Sistema Nervios Central. Unha rima de apenas un minuto pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio, ademais de aportar ledicia, benestar e autoestima. 

Os xogos de dedos son actuacións que facemos para as crianzas  convidándolles a que  nos imiten. Eles son expertos imitadores, de feito a

mércores, 25 de marzo de 2020

Linguaxe e movemento (2). A linguaxe

Cando falamos emitimos moitas mensaxes mási alá da mensaxe lingüistica expresa na nosa intervencións, son sinais subliminais relacionadas coa articulación, a pronuncia, a entonación e o xesto, que tamén chegan ao interlocutor e inciden nel expresendo o sentir do emisor e tamén o que o emisor agarda do oínte. Isto ten que ver con cómo llesfalamos ao neno/a, qué incidencia ten na súa psique o noso xeito de dirixirnos a el/ela e cómo ,a traves da nosa linguaxe podemos axudarlle a medrar mais san e competente. Moi interesante este aspecto pero non é o que veño a tratar aquí. Se queredes profundizar sobre él ao final hai un enlace a un vídeo de Tamara Chuvarovsky que suscribo practicamente todo, ademáis, é moi ameno.

luns, 23 de marzo de 2020

Linguaxe e movemento (1) O movemento


O confinamento ofreceume a ocasión de profundizar las teorías de Tamara Chuvarovsky, pedagoga terapèutica e mestra de Infantil pola Pedagoxía Waldorf. Hai anos que coñezo as súas teses e os seus xogos de dedos, pero agora toca aprender e comprender mais a fondo.
É tedioso, cansado e desmoralizante  ter que estar permanentente xustificando o porqué dunha proposta educativa diferente da convencional. Os últimos avances científicos (neurociencia) avalan a acción pedagóxica baseada no xogo, as emocións e o movemento. Mesmo as indicacións oficiais (currículo de Infantil, 1)) o fan. Máis a
práctica educativa na meirande parte dos centros segue a sentar ás crianzas diante de fichas

sábado, 21 de marzo de 2020

unha manchea de noces

O que unha manchea de noces poden aportar a unha aula de infantil é inabarcabel. Roi ( hoxe foi Roi pero cada día e un diferente, hoxe había unha camara a man, e hoxe a inspiración chamou a porta, pero, por sorte as aportacións son moi variadas e diversas)) entra pola porta do cole todo fachendoso e contento, de súpeto un día normal muda a un día moi especial, por qué? Porque trae unhas poucas de noces para compartir coas amigos e amigas. Compartir, a primeira lección, quizas a máis importante. Importante, Roi síntese importante porque fai

#euficonacasa

Eu tamén fico na casa sobrecollida con esta situación tan inesperada (ou non?)  que nos trae moitas
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.

Pero este espazo non está feito para as miñas

martes, 11 de febreiro de 2020

portas abertas na escola de Taboexa

Ai que ritmo trepidante,pero se aínda vimos de empezar este curso!
Adoita ser despois das vacacións de Inverno que o grupo se cohesiona e todas nos acomodamos entre nos formando unha nova unidade que nos inclúe, cada ano muda, cada ano ten diferentes compoñentes. Chega Imbolc coa súa promesa de primavera e séntese na Escola esa estabilidade do grupo que se coñece, comprende e respecta. Pero, non nos podemos regodearnos nese pracer, Hai que prepararse para o curso próximo en febreiro!!!, uf, é raro e artificial, pero ,  en fin, cousas do sistema deseñado para os macrocentros con prcesos  de matrícula moito mais complexos que os nosos. E as Unitarias réxense absurdamente por ese mesmo sistema, en fin , A Burocaracia.
En definitiva, que o prazo de solicitude de admisión para a EEI Taboexa vai dende o 1 ao 20 de Marzo e, para que as familias interesadas poidan coñecer a escola e informarse sobre filosofía de traballo, actividades, metodoloxías, etc, concértase unha reunión na Escola de Taboexa o mércores 4 de Marzo ás 16.30. Recoméndase inscribirse previamente no correo do cole: eei.taboexa@edu.xunta.es.
Agardámosvos cos abrazos abertos!
video sobre o cole

xoves, 30 de xaneiro de 2020

escola de familias I


O pasado mércores 29 de xaneiro reunímonos ás familias de Taboexa e Rubiós para compartir a que sería a primeira reunión da Escola de Familias. Concretamente esta versou sobre o tema de intelixencia emocional. En base a isto comentar unhas pequenas reflexións que xurdiron ó longo da xornada.
A evidencia empírica demostra os grandes beneficios da intelixencia emocional xa que ó contrario que o CI ésta si que axuda a alcanzar o éxito na vida e non só a nivel profesional senón no día a día e dicir, axúda a 
alcanzar  un benestar psicosocial e polo tanto
á felicidade
O informe Delors (UNESCO 1996) recoñece que a educación emocional é imprescindible

luns, 13 de xaneiro de 2020

O Coto Morgallón

Nunca nos esquecerá ese nome porque designa un lugar ligado ás nosas emocións. É o noso xeito de manter a toponimia. Mírase a cabeleira laranxa de Mouri dende a Fonte da Moura diminuta alá arriba naquel curuto tan alto. Hai voluntarios para ir na súa procura? Claro que sí, a diversidade reparte habioliadades e vocacións para todos. Está lonxe e alta máis, como tantas cousas na vida, paso a paso acabamos por chegar e por recuperar a Mouri. Ledicia por atopala,  a satisfacción propia despois dun esforzo recompensado, ou a alegría que da estar nun punto alto da natureza e mirar ao lonxe, tan

domingo, 12 de xaneiro de 2020

auténtico interés

Iso pensei eu cando vin cómo as crianzas se achegaban á táboa de letras recién adquirida. Eles adoran xogar nas colchonetas, brincar e saltar e desparramarse uns contra outros, máis ela estaba ahí enriba da mesa, e silandeira chamaba por eles e viñan e practicaban , parece que o desafío era acertado. é interés real e auténtico. A lectoescrita atrélles, entenden que ser quen de ler e escribir os trasladaría a unha fase superior da súa madurez, unha fase que arelan con deleite.e, ao ver a táboa entenden que lles facilita a escrita correcta, e proban a ver como vai, un anaquiño, e logo voltan á colchoneta a brincar.

Festival de Inverno ou a celebración de Yule

E chegou o solsticio de Inverno, e o Sol nace de novo na Roda do Ano, facendo os días un pouquioño mais longos, e chegan as vacacións (que rápido pasa un trimestre!) e a nosa querencia polas historias e polas dramatizacións lévanos a preparar un plan para sorprender e agasallar ás familias. Elas, que diariamente proveen e dispoñen as circunstancias de vida dos seus fillos, hoxe só teñen que deixarse sorprender. Nas semanas pasadas concentrámonos en ensaiar, en preparar o escenario (que cuco quedou verdade?) ata en preparar o biscoito que fará a nosa actuación aínda máis completa. Todo naceu cunha canción moi popular no cole, adaptámos á ela a historia e os persoaxes, custo cero, (aquí neste cole as ilusión non sepagan con diñeiro). Preparamos un

Mago Marco outravolta con nós

O Festival de Inverno honrouse este ano de acoller o bo facer e a habelencia dun profesional cheo de humanidade. O noso querido benfeitor Mago Marco volveu a inspirarnos coa súa maxia persoal chea de sensibilidade e pericia. Emocionámonos coa forma cercana ,mais non por iso menos profesional, de enlazar trucos con simpatía. Abraiámonos cos sus feitizos imposibles Rimos a cachón co seu espectacular número do mago entre o público. En fin, Mago, non deixes de vir de cando en vez por este recunchiño para facernos soñar un anaco. 
Espero que todas as persoas que estaban no público disfrutaran coma nós dun festival pequeno, pero moi grande en calidade profesional e humana.

focalizar a atención

Se me preguntaran en qué me fixo eu ao mirar a un neno para tratar de facer unha valoración sobre a súa traxectoria escolar  (léase: avaliación), un dos aspectos, un de tantos, despois de aspectos de estabilidade emocionalemaduración xeral, sería a focalización da atención.
Atendendo á función didáctica da Escola, esa que na Etapa Infantil está tan confusa sen que ningunha autoridade poña orde, (parecera que interesa que nos pelexemos entre nós acerca de cál é a función da escola infantil máis aló dos