xoves, 28 de novembro de 2024

qué foi antes o ovo ou a galiña: filosofía miúda

Quén dixo que a filosofía era competencia exclusiva de sesudos, adultos e académicos cerebros? Aqui neste recuncho do mundo as crianzas fanse preguntas e procuran respostas, e aprenden a aceptar que non todas as respostas están ao noso alcance pero que mesmo así, o exerccicio de preguntrse non debe rematar núnca.

Mirando o libro dos opostos libérase a mítica pregunta da galiña e ovo e eu percibo as ondas cerebrais de mais de unha disparándose aloucadamente na cavidade craneal, o sinto no seu ollar, é un segundo no que todo se suspende, o que daría unha profe por apresar esa sensación de "tocar a tecla" de estimular o anceio de investigar e o pracer de pensar.

Como cando ao remate do conto plantexamos se Carapuchiña fixo ou non o correcto, ou qué teríamos feito nós no seu lugar, ou qué será agora do cazador valente, ou qué tan malo era o lobo ou cómo debía ser para consideralo un bó animal....ir na procura dunha laternativa para que todos as persoaxes estean contentas, o concepto de obediencia....exemplos paralelos nas nosas vidas diarias, dilucidar pros e contras de ser un lobo...comparar a nosa vida coa de carapuchiña, clasificar os seres vivos, clasificar os contos de ficción e non ficción... Razonar, comprender, imaxinar,...

Vigotsky afirma que non existe pensamento sen linguaxe, Piaget, pola contra afirmaba que a linguaxe era producto do pensamento. Dous grandes da psicoloxía infantil clásica enredados no circulo infinito como a galiña e ovo. Chegar ao pensamento pode ser máis difícil pero a linguaxe está no noso día a día e, máis exercitemos as habilidades linguísticas (falar, escoitar, ler e escribir), mellor para o desenvolvemento cognitivo en xeral.

Hai anos fixen contacto co programa Filosofía para niños(as) impulsado na década dos 60 en EEUU por Matthew Lipman e popularizado en España e Latinoamérica por Angélica Sátiro de quen recibín formación para axudar ao alumnado a aprender a pensar ben por sí mesmos, a razonar lóxica e coherentemente tanto na súa significación lóxica coma no sentido ético e moral na procura do ben común. Estes teóricos dan forma e organizan os coñecementos que un xa ten intuitivamente, outro pouso máis na miña bagaxe que vailiberando aquí ae alá invitacións a perseguir a excelencia. Á que nunca se chega, claro, como as respostas.


Sátiro, A. (2004): Jugar a pensar: con niños de 3 y 4 años, Barcelona,  Ed Octaedro


 


mércores, 27 de novembro de 2024

ir apañar mandarinas a casa de Seixo ou unha lección de perseverancia

Fíxonos moita ilusión a todas, ás 11 chegou o pai de Seixo disposto  a acompañar a comitiva colleiteira.  O percorrido foi rico en estímulos (que non sobreestímulos) e ensinanzas: camiñar pola beira naqueslas vías por onde hai tráfico e ir máis libres polos camiños e corredoiras... casas abandonadas, pero quen demonios abandonou esta casa que deu tanto traballo construíla?, preguntaba indignada a profesora deixando así nas crianzas unha mensaxe subliminal algo difusa ou moi concreta, non sabemos pero lánzase ao ar igual, cada que que aproveite aquilo para o que está preparado/a... unha píntega no medio do asfalto, inchada, atropelada?

xoves, 7 de novembro de 2024

magosto ou a celebración do outono

O magosto é unha celebración tradicional galega, é un momento de celebrar a comunidade, dar a benvida ao inverno e, de paso disfrutar do froito de outono por excelencia, a nosa castaña. Na Escola de Taboexa o magosto tamén é o noso primeiro pic-nic. Despois, ao longo do curso faremos 3 máis: os derradeiros días de cada trimestre. Así unha manchea de adultas xuntámonos e disfrutamos a nosa compaña e o que nos une, a dedicación polo alumnado de Taboexa.

Comezamos pola mañá facendo un obradoiro de baleirado de cabazas, unha experiencia sensorial divertida e noxenta ao mesmo tempo, puro morbo. Neste evento, o magosto e algúns conceptos relacionados co día de defuntos mestúranse nunha

luns, 4 de novembro de 2024

a sofisticada complexidade de abotoar o mandilón

Algúnha neuróloga na sala? alguén que nos revele a cantidade de coordinacións neuronais e musculares precisas para rematar con éxito tal fazaña?, alguén cunha lupa de mil aumentos e cunha gran paciencia que observe amorosamente o esforzo que require?

O meniño quere pintar, e está ben que pinte, faltaría máis,  pero a profesora pensa no exercicio de psicomotricidade que supón o feito de abotoar o mandilóns, así que, claro que sí, podes pintar, máis, sabes que tes que por o mandilón, e, o que para él é unha peaxe cara o seu obxectivo, para a profe é o

luns, 7 de outubro de 2024

a mellor excursión posible

O venres pasado o cole de Rubiós convidounos a acompañalos á súa excursión. O plan era ir apañar as mazorcas ao campo e levalas a moer ao muíño, Excitante! cómo resistirse?, tiña todas as condicións para ser a excursión perfecta, e así foi:

Ir camiñando. A pesar de que esta premisa deixa fora destinos afastados altamente interesantes, hai que dicir que as excursións á contorna próxima comportan un grao mínimo de estres organizativo (menos estrés = máis disfrute), polo demáis andar os carreiros da aldea é unha alegría, o feito de camiñar en grupo e tan enriquecedor coas crianzas que topan obxectos de interés a cada paso: un becho, unha pranta, lixo deitado, ai! aquela sola do zapato, canto deu de sí para imaxinar! pasear entre a veigas e as casas e un derroche de estímulos sans para a nsoa cativada. Coñecer e valorar a contorna é obxectivo educativo, nas excursións a pé conquires ese obxectivo sen facer nada, só camiñar e deixarse levar pola enerxía infantil, que tan ben marca o camiño.

parecía un luns calquera

Luns 11 da mañá, a profe manda recoller e entón comeza un ruxe ruxe na aula de crianzas arrombando os recunchos, a medida que van aviando a aula, pasan a lavar as mans, despois cambian as pantuflas polos zapatos, collen a mochila coa merenda e saen confiados ao patio para merendar na mesa de fora. Todo coa mínima participación da profe, lembrade a Montessori: calquera axuda innecesaria é un obstáculo para o seu desenvolvemento. É unha rutina diaria e a escola aspira a que vaian construíndo pouco a pouco autonomía nas actividades diarias relacionadas co aotocoiado,  a convivencia e o trabaallo escolar. É a autonomía que se transformará pouco a pouco na planificación da súa actividade tanto práctica, laboral, intelectual...Todo ben, van chegando á mesa aos poucos,  ao fin,

xoves, 19 de setembro de 2024

arrancamos!

Agora sí! faltaba Mouri! todos os anos temos que ir ao Coto Morgallón a traela para o cole, ela non sabe que o curso xa comezóu, con este tempo tan soalleiro cre que inda estamos de vacacións, se cadra sábeo de sobra  pero anda preguiceira  disfrutando do dolce far niente do verán, ou tamén, se cadra ten tantas ganas de comezar coma nós pero xa nos apunta a primeira aventura do curso, ou tamén pode ser que a Moura, súa nai, teña morriña do soniquete algareiro das crianzas polo monte, ou tamén pode ser que a profe xa comezara o programa escolar coa lección de toponimia,

venres, 28 de xuño de 2024

30 de xuño, 21 horas

30 de xuño 21 horas. É preciso pechar o curso, actualizar as matrículas para o vindeiro, facer a memoria, despedir o blog, despedir o blog, despedir o blog, pechar esta manchea de pensamentos arredor da infancia e a educación infantil que  asemella máis crianza que educación porque unha cousa non vive sen a outra  cando falamos de meniños e meniñas tan pequenos. Non 

visita honorable

 ...e honrosa. Descoñécese o alcance da visita do decano da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense, Xosé Manuel Cid, pero sentímonos honrados con ela. Unha autoridade do eido do ensino que se interesa pola Escola amosa unha permeabilidade, un diálogo entre a da academia e a vida real das escolas, das escolas humildes,  das escolas do rural, lugares pequenos onde se fan grandes cousas. E tamén é un recoñecemento á nosa labor, cousa que se agradece especialmente.

Así que, por unha cousa ou outra mostramos aquí o noso orgullo polo esforzo de achegarse a nós. A pesar

luns, 10 de xuño de 2024

montescola 24

Un ano máis fixémolo posible. Unha semana de actividade escolar íntegramente no monte, sen pisar sequera a escola, rutinas diarias similares ás da escola pero ao aire libre, cun chisquiño máis de movemento, xogo, auga, barro,  e cómo non, maxia e aventura! Ésta viña da man da nosa Mouri, que outravolta desapareceu e a Moura, súa nai, deixounos unha nota no cole, ben vimos as súas pegadas!, Tiñamos que ir na procura de Mouri polo monte e ela deixaríanos as pistas, e así que foi,cada día unha aventura, cada día coñecer un lugar da nosa contorna natural (coto Morgallón, poza da Edreira, coto da Escola...) e cada día un cacho de mapa que no venres completamos. Estamos cerca do final, do final da aventura, do final de curso, e para Oscar, do final da súa escolarización en Taboexa. Isto ben merece todas estas peripecias!

E foi posile grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, da Comunidade de Montes de Taboexa pero especialmente quero agradecer a Ariana e Rocío, da EFA A Cancela, que acompañaron este Montescola axudando a coidar das crianzas, facilitando actividades lúdicas e aportando a súa simpatía e cariño pola infancia.

luns, 13 de maio de 2024

Pantallas e infancia

 En Taboexa sentimos como mandato escolar abordar honesta e decididamente ás  problemáticas sociais  e en particular ás que afectan especialmente á infancia. O mal uso (demasiado extendido) das pantallas (móbiles, tablets, vidoxogos...) está a provocar serios problemas en todos os aspectos do desenvolvemento humano: emocional, cognosticivo e físico....na súa convivencia e na súa vida práctica. En consecuencia organizamos da man de Ecoloxistas en Acción e o seu programa Escuela Saludable, este faladoiro para éste mércores 15 de Maio, sodes benvidas todas as persoas que se acheguen! A solución non é fácil pero aprender e tomar conciencia sempre vai ser un paso necesario.

mércores, 1 de maio de 2024

chega a Primavera cargada de aventuras...

...as aventuras da a vida abríndose paso entre os últimos signos de frío invernal.

A sementeira: O pai de Seixo fainos un obradoiro con sementes variadas que nos teñen semanas observando como evoluciona na vida por entre a terra. A terra que sacamos do composteiro que se enche das sobras das nosas merendas: A monda de plátano que se convirte en terra por obra e gracia dos bichos bola: Maxia da boa.

Os xerminados: A nai de Rosalía fainos un obradoiro que nos regala o milagro da xerminación: Non é pouco, observar a maxia do que unha semente ten en potencia.

A carballeira do Candón: Unha alegre excursión para que a raíñá da Primavera visite á súa amiga do carballo, e para coller plantón de abeleiras.

un ano máis, O Museo de Pontevedra

A nosa misión é clara: recuperar o auténtico Mercurio que está exposto nas vitrinas da área de Prehistoria do Museo de Pontevedra. Entendemos que ten que ser así, pois unha peza tan valiosa debe de estar custodiada en condicións e exposta para o disfrute de todas as persoas. Pero Moura non entende das razóns humanas e reclama a figuriña que a acompañou no Castro de Altamira, durante miles de anos, qué sabrá esta xente moderna do que é coidar do noso Patrimonio....

E así con esa retórica emprendimos un ano máis o noso periplo, que coma sempre, foi felizmente

luns, 29 de abril de 2024

23 de Abril, día do libro




Marcapáxinas, rosas e libros para a veciñanza, e para nós, o agarimo das vellas amigas que nos acompañaron, un ano máis, na celebración do Día do Libro no Centro Cultural de Taboexa. Qué vivan os libros, os saberes que nos regalan e as historias que nos entreteñen, nos inspiran e nos convidan a ser mellores cada día!

venres, 26 de abril de 2024

III xornadas de traballos comunitarios na Fonte da Moura

Voltamos coas xornadas de voluntariado. A Fonte da Moura (en realidaade chámase a Fonte da Cabreira) é un espazo de monte comunal que os comuneiros/as de Taboexa nos deixan disfrutar e encher de vida. Case todas as semanas imos alí a pasar unhas horas de lecer e aprendizaxe, e, en Xuño facemos unhas semana de experiencia de Escola na Natureza, Montescola. Para que cada ano o lugar estea mellor acondicionado para as nosas actividades, e tamén para o disfrute de todo o que por alí se deteña, organizamos unhas xornadas de traballos voluntarios e pedimos a amigos/as, viciños/as, e comunidade educativa se achegue a botar unha man.

A Comunidade de Montes estarán o día 4 de Maio e a Comunidade educativa o día 11 de Maio con diferentes tarefas, todas adaptadas a diversas capacidades e cometencia, 

amorosa veciñanza

Un ano máis Miriam e Ángel recibíronnos co agarimo de sempre na Casa Uma. O cariño que se entrega nese lugar é patente, cada recuncho fala do coidado con que o miman, como a nós, ás crianzas e ás adultas que as acompañaron. Foi un encontro sinxelo e disfrutado, unha merenda no xardín e un pouco de xogo para as pequechas mentres as adultas charlábamos e disfrutabamos do café, acaso non é ese un dos pequenos grandes praceres da vida?

Máis  a esta mestra págaselle popr traballar, non por andar a tomar café por ahí. En efecto, hai unha

casas si! guerras non!

Eu teño unha casa, forte e resistente

nin o vento máis potente a pode destruir

eu teño unha casa, forte e resistente

e nela segura, eu podo durmir.

domingo, 10 de marzo de 2024

os cabalos de Xián

Os cabalos de Xián agasalláronnos cun día de excursión deses sabedeiros, deses que nos deixan ganas de repetir, todo tan fácil, todo fluíndo cheo de sentido, como se non fora detalladamente planificado polo pai de Xián para ese preciso propósito.

As familias colaboran e levan as crianzas á Chan de Tortoreos, alí agardaban Lenda Raiana, Moura e Artai, ansiosos de saír, de comer, de moverse..Para iso estabamos nós, o mellor equipo de mozos e mozas de corte para cepillalos, limparlle os cascos e levalos a correr á finca.

E nos merendando na Fonte da Chan, e despois camiñando polo barrio ata chegar...ao Río Miño, pode haber mellor colofón que o Pai Miño agardando baril e poderoso baixando entre os paises irmáns? 

luns, 26 de febreiro de 2024

138 primaveiras máis para Rosalía de Castro...

 ...e que nunca deixemos de lembrala, pero non como aquela poeta/mártir melancólica, enfermiza, fráxil e contemplativa que canta á paisaxe e láiase permanentemente de todo cal Cristo na Paixón, se non como a muller forte e loitadora que dende a súa magnífica sensibilidade denunciaba valentemente o clasismo e a exclusión, o machismo e as inxustizas, e que soubo facelo a pé de rúa e dende a máis alta literatura. Así é hoxe recoñecida (non na súa época), non só como a poeta de Galicia, a que elevou o galego a idioma literario contemporátneo,  se non como figura fundamental da literaura do Estado Español, e poeta europea de primeiro orde precursora da poesía moderna e o feminismo

Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus labios, aínda que arredor sentise, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude.” Lieders (1858)

trampas para velutinas

As abellas son axentes polinizadores  esenciais para a continuación da vida no planeta. As abellas son seres vivos parte do noso ecosistema e só por iso xa son importantes. as velutinas son máis grandes e voraces, e carnívoras, viñeron de Asia e comen ás nosas abellas, causando verdadeiros estragos nas súas poboacións. Non sei se as nosas trampas caseiras son abondo eficaces, pero como actividade escolar paréceme altamente axeitada. 

  1. É unha actividade con significado para o alumnado
  2. Involucra aspectos cognitivos e manuais

respectar os ritmos 3/3

No último parágrafo da anterior entrada (respectar os ritmos 2/3) xa apuntaba a idea que hoxe considero amerita unha entrada propia: Respectar os ritmos non significa que as crianzas fan o que queren todo o tempo. Ás veces teñen que facer cousas que non queren facer ou deixar de facer aquilo que desexan. Como a vida real.

É raro que unha crianza desexe recoller os xoguetes. É moi habitual que, ás 2 da tarde, cando chegan as nais (son a maioría) eles e elas queiran seguir xogando e non desexen ir para casa. É tamén habitual que as cazadoras queden no chan se a

mércores, 31 de xaneiro de 2024

proxecto Mercurio

 

O proxecto Mercurio é unha exposición itinerante da réplica dun achado prehistórico procedente de Taboexa, que está custodiado e exposto no Museo de Pontevedra. Ao abeiro da mostra propomos varias actividades de intercambio entre o alumnado de Taboexa e outras persoas (alumnado de outros centros, centros de día de persoas maiores, clubs deportivos, etc)

A Escola de Educación Infantil de Taboexa é un centro público que acolle arredor de dez crianzas de entre 3 e 6 anos.

Sabedoras de que a aba sur do Monte Sanomedio está inzado de restos prehistóricos (petróglifos, o Castro de Altamira…), lendas e lugares emblemáticos, que as crianzas, ao ritmo da súa idade e entusiasmo, coñecen e gozan, deixámosvos con ilusión esta pequena proposta que aúna pracer, aprendizaxe e

martes, 30 de xaneiro de 2024

respectar os ritmos 2/3

Dito concepto precisa unha mención especial para as meniñas
do primeiro ano, aquelas que entran no cole con 2 ou 3 anos, aquelas que por primeira vez na súa vida (na meirande parte dos casos) deixan o acubillo do fogar todos os días para enfrontarse á vida social, aos iguais, a unha figura de protección nova, a mestra, a unhas novas rutinas, normas, dinámicas...

Respectar os ritmos pode ser adaptar o horario (para quen poida), rebaixar a xornada escolar de 5 a 4 horas (decatástesvos de que estes pequechos teñen a mesma xornada que nenos e nenas de 12 e 16 anos?). Agardanlles 10 anos de escolarización. Paga a pena unha familirización lenta e ben saboreada.

Respectar os ritmos tamén inclúe non someter a estas crianzas a ningunha tarea propiamente escolar máis aló das súas propias iniciativas e do que poden captar polo ambiente no que se moven. A didáctica das letras non vai dirixida a elas, máis, se queren poden

portas abertas Na EEI de Taboexa


Aquí andamos outra vez anunciando que a Escola de Taboexa abre as súas portas para quen queira coñecernos. Unha escola pública para crianzas de entre 3 e 5 anos. Un proxecto de coidado, acompañamento e guía no proceso de madurez, socialización e aprendizaxe do alumnado, nun contexto de respecto entre as persoas, coidado da natureza, integración comunitaria, igualdade e compromiso cos valores dun mundo mellor. Ese é o anceio.

Convidámosvos a coñecernos o día martes 20 de Febreiro ás 16.00 horas na Escola. 

Prégase confirmación a través dalgumnha das opcións que aparecen ao final deste artigo.

respectar os ritmos 1/3

 

5 alumnos/as, 4 exercicios. A profe observa e rexistra pero ninguén fala de idades nen niveis. Cada un coa tarefa que representa para sí, un desafío acorde á disposición de ánimo, a motivación e a súa capacidade de atención. Unha dificultade situada na zona de desenvolvemento próximo da que falaba Vigotsky a principios do século XX, un concepto deses pouco comúns que cando os aprenden parece que poñen orde no cerebro e reconcilian ao estudante coa súa tarefa. A zona de desnvolvemento próximo é aquel tramo de difucultade que se sitúa entre o que un persoa sabe/pode facer e o que non. No medio sitúase aquela dificultade que, con algún tipo de axuda, a persoa sería quen de solventar. Así a ZDP vai avanzando cara a dificultades cada vez máis altas, e a persoa segue a elaborar a sensación de competencia e a mellorar o seu autoconcepto, o cal, impulsaráa a acometer desafíos